Máis un ano aldeas, pobos e bairros da comarca limiá mediranse en probas como os 3000 m, salto de lonxitude, lanzamento de sacho, tiro con corda, billarda ou a loita galega nunha xornada que pretende ser de irmandade, festexo e reivindicación de un outro desporto popular e autoxestionado.
Como en edicións anteriores, haberá premios consistentes en productos típicos galegos (un xamón, un lacón e chourizos) para a equipa gañadora, máis tamén para os gañadores e gañadoras individuais de cada proba.
Lembrade que teredes que facer equipas mixtas con un mínimo de seis persoas, sen límites de idade. A xornada fecharase na Sala Clan de Xinzo coa cerimonia de entrega de premios e un concerto para por fin ao evento.
Nas próximas datas iremos disponibilizando toda a información precisa, e que podedes solicitar no proprio Centro Social, no correo aguilhoar@hotmail.com ou no perfil de facebook.
FAI UNHA EQUIPA E PARTICIPA!!!