Foto de A Heath Blog (CC by-sa/2.0/)
Difundir perspectivas empoderantes dos movementos polos Dereitos do colectivo de persoas con diagnóstico psiquiátrico e dar unha oportunidade a estes homes, mulleres e nenos de falar libremente das súas experiencias son algúns dos obxectivos do colectivo Radio Prometea que conta cun espazo en CUAC FM (103.4) e que visitarán o Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35) o vindeiro xoves 31 de Marzo.
Radio Prometea reflexiona sobre a dor psíquica dende unha perspectiva completamente distinta á que ofrece o paradigma bioloxicista que predomina na psiquiatría e na psicoloxía. Fronte ás interpretacións habituais que establecen que ter alucinacións auditivas (ou outras experiencias psíquicas non comúns) é o resultado dun desequilibro bioquímico (algo non funciona nos nosos cerebros) e que o contido das mesmas é irrelevante. O movemento internacional de escoitadores de voces da que forma parte Radio Prometea entende que estas son unha experiencia humana normal e non o mero síntoma dunha enfermidade. Polo tanto, o contido destas experiencias é esencial para establecer un camiño real de recuperación, xa que as alucinacións auditivas están insertas na vida das persoas que as experimentan e cando teñen unha carga negativa son a reacción a un acontecemento traumático que non se resolveu de xeito adecuado.
Título | Activismo e saúde mental: Pequeno mapa de tolemias disidentes a cargo de Radio Prometea |
Día | Xoves 31 de Marzo de 2016 |
Hora | 20:30 horas |
Lugar |
Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) |