1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

canle anfibiosGaliza - Adega - Na tarde de día 5 de abril un grupo de voluntariado ambiental de ADEGA  Vixiantes de Recursos Naturais da DXCN actuaron nunha canle de rega de Pontecaldelas para rescatar á fauna atrapada e axudarlles a completar o seu ciclo vital.


Desta volta foi un traballo máis minucioso que noutras ocasións. Boa parte dos anfibios rescatados eran tritóns que estaban agochados entre a pouca vexetación que queda na canle.

Finalmente rescataron máis de 150 anfibos da canle: 38 individuos de Rana iberica, 2 de Bufo spinosus, 13 de Pelophylax perezi, 22 de Triturus marmoratus e 80 de Lissotriton boscai, así como tres exemplares mortos e un deles a piques de facelo. Habería que ter en conta que os Vixiantes xa rescataron 112 anfibios e o problema continuará nos vindeiros dias, xa que se prevé que co aumento das temperaturas se incremente o movemento dos anfibios.

Dende ADEGA queren agradecer ao voluntariado participante a súa colaboración así como aos persoal de Conservación da Natureza.

Porén, entenden tamén que despois de tres campañas adicadas ao rescate destes anfibios deberiase buscar unha solución que evite estas situacións. De feito a canle estase a limpar, eliminando a pouca vexetación que ten e impermeabilizando o vaso, o que complicará aínda máis a supervivencia dos animais atrapados nela.

Os fondos que se están a investir para recuperar esta canle deberían contemplar tamén unha solución a este problema. Os cartos públicos non deberían contribuir a manter unha trampa mortal para moitos animais, nomeadamente anfibios, un dos grupos de vertebrados máis ameazados do planeta.

A solución a este problema pois, non debería agardar outro ano máis.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.