1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

080416 bodaloGaliza - Corrente Vermelha - Em defesa das liberdades democráticas, amnistia total.


A entrada en prisión do compañeiro Bodalo, en Andalucia, condenado a 3 anos de cárcere é parte do incremento da vía policial e represiva do rexime do 78 para respostar ás mobilizacións sociais.

No Estado Español, onde “oficialmente” non existen presos políticos, ha mais de 300 traballadores / as, aos que ha que sumar ducias de activistas sociais, defensores dos direitos nacionais, antidesafiuzamentos, etc., ameazados con penas de prisión ou condenados arbitrariamente polas delegacións do goberno con multas administrativas, que tentan atemorizar e afogar económicamente ás organizacións en loita.

Neste cadro, temos que suliñar que na Galiza catro traballadores / as da provincia de Pontevedra, dous de Vigo e duas de Pontevedra cidade, estan condenados/as a penas de cárcere pola sua participación en folgas e loitas obreiras, e na Coruña temos o caso de Nico e outros compañeiros e compañeiras.

A democracia “vixiada” que vivemos no Estado Español ten as suas raices numha Transición que baseouse nunha Lei de Amnistia que foi na realidade unha lei de Punto Final, como o vertice do esquecemento do que acontecera o longo da “longa noite de pedra” que foi a dictadura franquista. As institucións fundamentais herdeiras do franquismo, a monarquía e o poder xudicial nunca romperon coa lóxica e os metodos represivos, e agora que o movimento social pon en cuestión ese réxime, este resposta cun profundo recorte nas liberdades democráticas conquistadas, a través da Lei de Partidos, a Lei Mordaza ou a modificación do Codigo Penal.

Seguindo con esta lóxica de Punto Final, mentras os corruptos e torturadores (a ONU ven de denunciar 5000 casos de malos tratos cos detidos e detidas e ningún condenado/a) viven libremente, os defensores dos direitos sociais e laborais enfrentan penas de prisión e multas. Esta é a “democracia vixiada” do réxime do 78. Qué lexitimidade poden ter uns tribunais que deixan ir de vacacións de luxo a acusados como Urdangarín e a Infanta, mentras meten na prisión a traballadores/as como Bodalo. A “xustiza” ten claro que as clases sociais existen, e mentras o ricos corruptos disfrutan da sua liberdade, os traballadores e traballadoras viven baixo as ameazas da cárcere e a represión por loitar polos seus direitos.

Frente a elo estanse a producir mobilizacións esixindo indultos e sobreseimentos das causas contra estas compañeiras e compañeiros. Sen lugar a dubidas iso é unha esixencia que ten que contar con todo o apoio social, a liberdade dun só deles é parte da loita contra os recortes das liberdades. Mas, o ser parte dun cadro que atinxe o conxunto dos movimentos sociais, a petición de indulto é limitada a casos individuais, e supon o recoñecemento dun delito, cando o que se impon, pola gravidade e a extensión social do ataque, é a loita pola AMNISTIA TOTAL de todas as persoas presas políticas e de conciencia, que unifique a resposta a nivel estatal.

Neste sentido ha un paso previo, que é o recoñecemento expreso de que no Estado Español existen presos/as políticas e de conciencia, disfrazados baixo epígrafes como “apoloxia do terrorismo”, violencia, desordes públicos ou agresións á autoridade.

A defesa das liberdades democráticas é para a clase traballadora tan importante como a defensa do salario ou o posto de traballo. As liberdades, os direitos de asociación, folga, manifestación ou reunion son ferramentas conquistadas tras ducias de anos de loita, que permiten enfrontar en mellores condicións a loita contra os planes de austeridade e polos direitos nacionais dos pobos. Calquera limite ou recorte destos direitos pón ás traballadoras / es en piores condicións para defenderse dos ataques ás condicións de vida e traballo.

Por iso, todas as forzas politicas, sociais e sindicais democráticas galegas e estatais, teñen que xuntar para movilizar á poboación traballadora na defensa das liberdades democráticas, esixindo a derrogación da Lei de Partidos, da Lei Mordaza e a reforma do Codigo Penal.

Foto: Concentraçom solidária na Andaluzia (Kaos en la Red)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.