1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180316 concGaliza - CUT - CUT mobilízase contra o profesor Luis Barreiro (USC) e a empresa Igaxes3 por ameazas e o despedimento dunha compañeira.


"Estades poñendo á traballadora no disparadeiro", "coidado porque neste sector coñecémonos todos e imos ter que explicar por que non queremos á traballadora". Estas ameazas intolerábeis facíallas á CUT Luís Barreiro, profesor na USC, cando fracasadas as “negociacións” para a readmisión dunha compañeira na empresa que preside lle advertimos de que chegaba o tempo da mobilización.

Esta mañá a CUT realizaba concentracións ás portas da Facultade de Traballo Social e da sede compostelá de Igraxes, para denunciar un novo caso de conculcación de dereitos laborais por parte desta entidade, coñecida no terceiro sector pola degradación das condicións laborais do seu persoal.

A traballadora, con xornadas continuadas de 48 horas en sábado e domingo e sen descanso entre xornadas, foi fulminantemente despedida, nesa trampa chamada “período de proba” por negarse a asistir a xuntanzas de traballo fóra da súa xornada laboral (e como non?, sen cobrar) en Lugo. Por moitos esforzos que fixo esta Central para que a empresa dese un paso atrás e cedese na súa actitude, a súa resposta foi a porta pechada, a negativa a manter xuntanzas e o famoso “vémonos nos Tribunais”.

O “sorprendente” de todo isto é que a empresa é, formalmente, unha asociación que dirixe varias vivendas tuteladas de menores dentro do proxecto MENTOR da Xunta de Galiza, e que se encadra no chamado terceiro sector. E tamén que irónicamente o tal Luís Barreiro Carballal é profesor de Fundamentos do Dereito nesta facultade na que nos concentramos, Traballo Social. E que a dita empresa, por suposto, tampouco está libre de condenas polos xulgados do social.

Este tipo de situacións reabren unha problemática chave: mentres as institucións públicas externalizan sistematicamente un servizo público como debe ser a tutela dos menores, esta préstase baixo lóxicas de mercado e beneficio, por empresas que formalmente se presentan como asociacións, e que degradan impensabelmente as condicións de traballo e, así tamén, de atención. A concertación do novo período da contrata deste servizo está en marcha. Unha vez máis, convencidas, podemos repetir que o público é servizo e o privado beneficio.

Á sociedade galega quédalle pendente un debate sobre eses reinos de taifas que ao amparo de proxectos supostamente progresistas, e que pagados por todas e todos nós somenten decote ás súas traballadoras e traballadores a condicións laborais inasumibles, e mentres venden fume e máis fume cara fóra seguen coa casa sen varrer, convertíndose en buratos negros onde apenas existen os dereitos laborais.

Pero polo dagora, nós témolo claro. Non pode existir agresión laboral sen resposta. Cos dereitos laborais non se xoga. E por iso queremos de maneira inmediata a readmisión da nosa compañeira despedida.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.