Algunhas son famosas e coñecidas, como a freira alférez Catalina de Erauso, nascida en Donostia a fins do s. XVI que escribe a súa propia biografía. Foxe do convento aos quince anos e, vestida de home, chega a América, trunfa en lances de guerra e ten honras militares.
Margaret Ann Bulkley nasce no condado de Cork a finais do s.XVIII. Quere ser médica e non pode por ser muller. A nai e un amigo organizan un plan e, vestida de home, pasa a chamarse James Barry e entra na universidade de Edimburgo de onde sae co título, pertencendo despois ao corpo médico do Imperio británico, onde realizou un traballo de investigación importante. Foi a muller que enganou e todo un Imperio. Descubriron o sexo ao embalsamala.
Concepción Arenal, no s.XIX, vestiu de home para asistir as clases dun amigo na universidade. Sendo muller non puido obter o título, mesmo se foi unha xurista famosa. Vestía de home para participar nunha tertulia de café, máis para evitar o escándalo que supuña ver unha muller en lugares no adecuados.
Sen vestimenta masculina, moitas escritoras do s.XIX e mesmo XX, adoptaron un nome masculino para publicar a súa obra. En certos casos pola presón familiar ou social, a vergoña ou o descrédito que suporía facer algo inadecuado, impropio dunha muller como é debido. Noutros pola recepción e a propia difusión do libro. Así fixeron escritoras como George Sand, (Aurore, Lucile Dupin), George Eliot ( Mary Anne Evans), Fernán Caballero ( Cecilia Böhl de Faber), Víctor Catalá ( Caterina Albert), Isak Dinesen ( Karen Blixen).
Que nesa altura, Rosalía de Castro, ou Emilia Pardo Bazán, non se agacharan baixo nome masculino, como debemos interpretalo? Persoalmente concéboo con orgullo.
Imagem da feminista galega Conceiçom Arenal