1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180210_pcpegz.jpgPCPEGZ - Frente á ofensiva da patronal e o goberno, é necesario que os traballadores e as traballadoras retomemos a iniciativa.

 


 

Se o capitalismo non ten nada positivo que nos ofrecer, xa é hora de mudar a orde económica imposta polos intereses da oligarquía financeira e o sistemático abuso empresarial; loitemos polo socialismo.

É o momento de loitar e non de pactar ningún tipo de retroceso!

A clase obreira non é responsable en absoluto da crise. A crise estructural do sistema, que a paguen os capitalistas con toda a riqueza que teñen acumulada nestes últimos anos. Se 1500 españois posúen o 80% do P.I.B.,que sexan eles e a Casa Real cos seus 9 millóns de euros libres de impostos, quen se sacrifiquen. A clase traballadora con máis de 4 millóns de parados/as, un 25% de traballo precario e 827.000 fogares con todos os seus membros no paro, xa está ao límite e non ten por qué ceder ningún dereito máis.

Non ao pacto social!

A única responsabilidade do sindicalismo de clase é cos traballadores e traballadoras.

Anos de pacto demostraron que só os capitalistas e as cúpulas dos chamados “interlocutores sociais” saíron beneficiados deste dramático xogo orquestrado ás costas da clase obreira. Se os propios dados da OCDE din que de 1995 a 2005 o crecimento real dos salarios foi do -0,30% e o dos beneficios empresariais do +73%

¿Por qué persistir no erro?

Cara a Greve Xeral!

Xa é hora de decir Basta! E traballar por unha realidade distinta libre de explotación e con futuro para a clase obreira e a mocidade. Somos a maioría social e temos que enfrontarnos con decisión ás políticas do goberno e a UE. O Tratado de Lismoa e a chamada “flexiseguridade” que propugna, son a política dos poderosos para seguir oprimindo aos traballadores e traballadoras.

Hai que organizar a resposta coa participación dos traballadores/as desde a base, e é prioritario establecer unha plataforma reivindicativa básica arredor da cal unificar a loita obreira:

-Salario mínimo de 1000 euros

-Nin unha vivenda hipotecada para a banca

-Seguro de paro indefinido

-Protección social para as familias no paro

-Nacionalización da banca

-Non ás privatizacións

-Non ao gasto militar. Retirada das tropas do extranxeiro

-Ninguén é inmigrante. Ningún ser humano é ilegal.

TRABALLADOR, TRABALLADORA: ORGANÍZATE E LOITA POLOS TEUS DEREITOS CO PARTIDO COMUNISTA

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.