1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

festasolGaliza - Isca! - Hai semanas dabamos conta do acontecido a catro militantes da nosa organización por realizar actividade política na cidade da Coruña.


No contexto dunha nova ofensiva do Estado Sionista de Israel contra a poboación palestina, compañeiras de Isca! e o MGS da Coruña realizamos un mural en solidariedade coa súa loita e a súa resistencia. Días despois, o Goberno Municipal decide iniciar un expediente sancionador impoñendo unha multa que ascende a 704€.

A persecución que na Galiza se vén realizando nos últimos anos contra os movementos de resposta social é evidente e palpábel con multitude de activistas sancionadas ou mesmo enxuizadas por denunciar publicamente diferentes situacións inxustas a nivel local ou global. O que chama poderosamente a atención é que a actuación dun goberno municipal -en mans da Marea Atlántica- que se autoproclama rebelde, insumiso e transformador sexa moi semellante á que tivo o goberno do Partido Popular da Coruña cando, na pasada lexislatura, sancionou con 600€ a tres compañeiros por realizar un mural en defensa dun Futuro Digno na Nosa Terra.

É por isto que desde Isca! da Coruña organizamos unha festa solidaria o vindeiro sábado día 16 de abril no Bar Faluya (Rúa Orzán nº 75). A partir das 20:00 horas contaremos cunha pequena foliada, chourizo ao pan, comida vegana e máis! Por volta das 22:00 horas contaremos coa actuación de VolkGZ co seu rap en galego.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.