1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

2016 4 8 27428s740xGaliza - Galicia Confidencial - Esta experiencia do IES Perdouro de Burela foi escollida entre as oito boas práticas galegas polo comité científico do proxecto Hitzargiak.


A intervención educativa "Modelo Burela" do IES Perdouro de Burela acaba de recibir un novo recoñecemento, desta vez con carácter internacional através do proxecto Hitzargiak da Fundación Donostia / San Sebastián Capital Europea da Cultura 2016, que ten como obxectivo a criación dun novo modelo de convivencia nas relacións entre cidadáns.

O Modelo Burela, en aplicación desde 2004, foi no seu día tomada como base para a elaboración do Proxecto de planificación lingüística municipal, que foi aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas no Concello de Burela no mes de abril de 2008; e que foi aplicado pola primeira institución local entre esa data e o final da lexislatura en 2011.

O proxecto Hitzargiak (Linguas que se iluminan mutuamente) é un proxecto que favorece a diversidade lingüística europea e que creará novas relacións entre as comunidades de idiomas e de falantes que están xa inmersos en procesos de revitalización.

A súa meta é recompilar boas prácticas e mostralas na web, así como pór en contacto organismos que están traballando na revitalización de idiomas. Eses son o seu punto de mira e o seu obxectivo. As boas prácticas reflectíronse nun mapa como unha luz situada no ámbito de influencia do idioma correspondente.

O eixo do Hitzargiak fórmano as experiencias que utilizaron as comunidades de falantes, unhas experiencias "innovadoras, adecuadas, exitosas ou exemplares, tanto para a comunidade que os criou como para moitas outras comunidades lingüísticas", segundo as palabras da propia organización.

A Fundación Donostia, Capital Europea da Cultura considera que o coñecemento público das boas práticas poderá ter efeitos multiplicadores. "Compartir experiencias, aprender dos demais, alimentarse mutuamente e colaborar nas iniciativas pode reforzar o éxito e, ademais de axuntar o enfoque global e o local, fortalecerá o movemento internacional", aseguran.

Ademais de numerosos premios outorgados pola administración educativa, a intervención educativa "Modelo Burela" xa recebera en 2010 o premio da Fundación Peña Novo, recollido o 30 de xuño daquel ano no Castelo de Soutomaior por unha ampla delegación veciñal á fronte da cal estiveron o alcalde Alfredo Llano e a artista caboverdiana Antonina Semedo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.