1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

jgzGaliza - CIG - O conselleiro de Facenda e o director xeral de Función Pública confirman que só se devolverá un 25% da de 2012 en abril e outro 25% en setembro.


O Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, confirmou esta mañá, nunha xuntanza mantida coa Área Pública da CIG, que o vindeiro mes de abril só se devolverá o 25% das cantidades adebedadas da paga extra de 2012 e en setembro, outro 25%. A Área Pública da CIG considera que se trata dun anuncio con fins puramente electoralistas e reclama, unha vez máis, o pagamento de todas as cantidades adebedadas polos recortes nas pagas extra de 2013, 2014, 2015 e 2016.

A Área Pública da CIG informa ademais de que, segundo se anunciou nesa reunión, en 2017 as empregadas e empregados públicos da Xunta de Galiza recuperarían os complementos na paga extra.

Fronte a isto, a Área Pública lembra que aínda que isto fose así, o certo é que seguen pendentes as cantidades substraídas por mor dos recortes efectuados polo Estado español.

A isto engade que o conselleiro non foi quen, sequera, de garantir o pagamento das cantidades devindicadas da paga extra de 2013, nas que a Xustiza xa deu a razón á CIG nas múltiples sentenzas emitidas.

A Área Pública solicitou ademais a derrogación dos sucesivos recortes aplicados ao persoal laboral e funcionario relativos a descontos por incapacidades laborais ou polo non pagamento de vacacións ao persoal substituto, entre outras cuestión.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.