1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

436px India map Naxal Left wing violence or activity affected districts 2013.SVGGaliza - A Comuna - O activista solidario, Martín Naya, fará unha aproximación a situación no subcontinente e se centrará na realidade do conflito entre naxalitas e o goberno.


Foto de elaboraçom própria, sobre trabalho de M Tracy Hunter - Áreas com atividade naxalita.

A represión brutal de mulleres adivasi,  a situación dos presos políticos e falta de liberdade de expresión e identificación co terrorismo a calquera iniciativa de debate serán algúns dos temas que o activista internacionalista, Martín Naya, tratará a partires das 20.00 horas no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35)

Na India están a sucederse unha serie de violacións dos dereitos humanos vinculados co movemento naxalita. Exemplos documentados son os asasinatos de guerrilleiros, violacións en masa por parte do exército como arma de guerra alí onde o movemento está presente e formas de intimidación como o “test de Naxalita”. Esta práctica habitual consiste en que os soldados apertan os peitos das mulleres esperando a ver se sae leite. Se isto non sucede, o goberno entende que esta muller é naxalita. A explicación do goberno indio é que todas as mulleres casadas deberan dar leite.

Outro dos exemplos que se tratarán na charla é o do profesor Saibaba, coñecido preso político apoiado recentemente por Arundhathi Roy. Aínda tendo un 90% do seu corpo paralizado, se atopa en prisión sen soporte algún para a súa saúde e con un gran deterioro físico e é acusado de participación en actividades ilegais, pertenza a banda armada e conspiración para cometer actos terroristas xa que denunciou publicamente os abusos aos que estaban a ser sometidos os adivasi.

 

Título A revolución naxalita na India a cargo de Martín Naya
Día Mércores 6 de Abril de 2016
Hora 20:00 horas
Lugar

Centro Social A Comuna

(Verea do Polvorín, 35)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.