1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

230416 orgGaliza - CNT - A CNT sae á rúa con orgullo e dignidade. Orgullo e dignidade de clase, o orgullo e a dignidade da clase traballadora pola nosa capacidade creadora, por construír, coas nosas mans, coas nosas capacidades, todo o bo e fermoso que no mundo pode verse.


 Orgullo e dignidade de clase polo noso amor á liberdade e a nosa ética igualitaria, porque non parasitamos aos nosos semellantes, non lles roubamos, nin suplantamos a súa vontade.

O Primeiro de Maio é un símbolo da dureza dos ataques que a clase obreira padecemos ao longo da historia, mais por cima de todo, é símbolo da nosa resistencia e da nosa loita. É símbolo da nosa capacidade para nos organizarmos e transformarmos esta sociedade. A CNT chama a reforzarmos as resistencias contra as políticas neoliberales, a afirmarmos a necesidade de nos organizarmos de forma horizontal e a construírmos ferramentas de loita e un movemento obreiro forte, eficaz e contundente na defensa dos nosos dereitos. Un movemento obreiro que integre na radicalidade da súa acción fórmulas positivas e actuais de superación do capitalismo e de construción dunha nova forma social. Un movemento obreiro solidario, independentemente do lugar de nacemento de cada persoa.

A CNT ten ás súas costas unha historia de loita obreira, unha historia de dignidade e orgullo, unha historia que estamos a escribir agora, no presente. Pretendemos abrir un camiño de confrontación co Capital e co Estado que se dirixa firmemente para unha mudanza social completa, que se dirixa á tomada dos medios de produción por parte da clase obreira, que se dirixa á autoxestión larga, integral, da sociedade. Unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, unha sociedade en que non caiba a discriminación de tipo algún.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.