Foto de Armando G Alonso (CC by-nc/2.0/)
O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.
O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).
Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.
Dende a Asociación Fontaíña dan as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta actividade en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.
As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com
É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.