Foto de PepedoCouto (GFDL) - Escultura comemorativa do Dez de março em Ferrol, no local onde ocorrêrom os factos em Recimil.
Amador e Daniel son algo máis que un símbolo, son exemplo, son camiño, son presente e futuro de loita capaz de mudalo todo, Amador e Daniel non morreron, sobreviviron por sempre os seus asasinos na memoria colectiva de todo nun pobo, eles son xa parte da Galiza, son clase obreira, son terra, son vida, Amador e Daniel son exemplo consecuente do camiño a seguir, son vitoria.
O dez de marzo non é un funeral, e tampouco unha conmemoración, o dez de marzo é camiño, é exemplo, o dez de marzo é futuro, o dez de marzo é o día da clase obreira galega.
Grazas Amador, grazas Daniel, o voso sacrificio non pode ser en vano, seguiremos o camiño marcado polas gotas da sangue obreira derramada por covardes.
*André Abeledo Fernández (Concelleiro de Esquerda Unida de Narón, militante do PCG, e sindicalista)