1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

100316 merGaliza - CNT - O SOV da CNT de Ferrol emprende conflito laboral contra Mercadona que, unha vez máis, incumpre as cláusulas do seu propio convenio e as bases de lexislación laboral.


O caso denunciado é o dunha compañeira cuxo calvario comezou hai anos, cun accidente laboral. As lesións sufridas derivaron nunha tendinite e, para paliala, a traballadora recibiu infiltracións. Tras reincorporarse ao seu posto de caixeira, trala incapacidade transitoria, a nosa compañeira traballaba con xornada reducida, por conciliación da vida familiar e laboral. A política da empresa, tantas veces enxalzada pola súa economía de encerado, táboa e obxectivos a cubrir caia quen caia, é contraria a estas reducións de xornada, polo que a traballadora foi invitada, repetidamente e cada vez con máis apremio a que renunciara a ela. Como a compañeira non accedeu a isto, as tácticas de acoso foron endurecéndose, e foi trasladada da súa caixa á peixería, onde entre o frío e o esforzo físico de despezar o peixe, as vellas lesións empeoraron e o que anos antes foi diagnosticado como tendinite dexenerou nun problema vertebral. A día de hoxe, a traballadora practicamente non pode mover o brazo dereito, o que requirirá unha delicada intervención cirúrxica, e leva ano e medio de baixa.

O Convenio da empresa contempla un complemento en situacións de baixa, que ampliaría o percibido ata o 100% do salario pero, claro, é concedido ou non de xeito bastante discrecional. Así, a nosa compañeira non ten dereito a este complemento por superar o tempo estimado de baixa, por superar unha porcentaxe arbitraria de absentismo laboral e por non atender os requirimentos do médico da empresa, argumento este último completamente falso.

Nesta gran familia que é Mercadona, o médico de empresa xoga un papel determinante para reducir o número de baixas (é frecuente que, en caso de enfermidade ou lesión, teñas que acudir a ese mundo feliz que é o súper e realizar traballos, quizais fóra da vista do público e distinto aos teus labores cotiáns, pero que redundan na produtividade de empresa, na consecución de obxectivos -entre outros, o xa mencionado de redución de baixas- e no reparto de primas, sempre baixo a supervisión dese gurú da saúde empresarial e a costa da túa e dos teus dereitos), polo que calquera intento de acudir á mutua ou de seguer as prescricións do teu médico de cabeceira estará supeditado ao criterio do chamán desta feliz e laboriosa seita que é o teu supermercado de confianza.

No caso da nosa compañeira, a empresa non a quere mandar á mutua e a causa da baixa é por enfermidade común, sen ter en conta que deriva daquel accidente laboral sufrido, agravado polas condicións de traballo.

Ante isto, a CNT presentou reclamación ante o SMAC para que se lle pague á traballadora o devandito complemento (ao que se negou a empresa no acto de conciliación celebrado o pasado día 1) e reclamación ante a Seguridade Social para que se recoñezan as doenzas que sufre a compañeira como enfermidade laboral ou derivada de accidente laboral.

Coma sempre, cando publicamos unha información dun conflito, pretendemos expresar a nosa solidariedade coa compañeira afectada, a nosa repulsa ante estes abusos empresariais, a nosa determinación de levar o conflito ás súas últimas consecuencias ate conseguir unha solución que satisfaga á traballadora así como informar ao conxunto da clase traballadora destas situacións, para que poda tomar a decisión consciente de non gastar eses cartos que tanto custa gañar en sitios onde os seus dereitos non son respectados e que fan fortunas a costa da explotación laboral e o acoso.

Conta comigo, conta con CNT.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.