1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

640px Concello Cabana de BergantiñosGaliza - PDC - O Alcalde de Cabana usa recursos públicos para personarse nun contencioso para defender os intereses da empresa mineira de Corcoesto. A personación foi acordada por un Decreto da Alcaldía de decembro de 2015.


Foto de Adrián Estevez (GFDL) - A Cámara Municipal da Cabana de Bergantinhos.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños acusa ao Alcalde de Cabana de usar recursos públicos para personarse no contencioso administrativo interposto no TSXG pola empresa mineira de Corcoesto contra a Xunta de Galicia por denegarlle a aprobación do proxecto mineiro, que contou cunha forte oposición social, tanto dentro do Concello como no resto de Galicia.

Pregúntalle ao Alcalde que se lle perde ao Concello de Cabana neste contencioso e en virtude de que competencias atribuídas á Alcaldía ou ao Pleno do Concello foi tomado este acordo, pois entre esas competencias, non están as relativas á minería. Por outra banda, a non aprobación do proxecto, non supón prexuízo algún para o Concello polo que deba ser resarcido, e polo tanto, por esta vía tampouco se xustifica este personamento, xa que aínda que fose aprobado o proxecto mineiro, ao ser tramitado como industrial estratéxico, o Concello non tiña dereito ao cobro de ningún tipo de imposto relacionado co mesmo, nin a ningún outro beneficio económico pola vía de taxas ou outro tipo de contribucións.

A Plataforma considera que con este personamento estanse utilizando recursos públicos para pagar avogados e procuradores para axudar á empresa mineira na defensa dos seus intereses fronte á Xunta de Galicia. Supón actuar tamén en contra dos intereses xerais da poboación do Concello e dos propios intereses xerais de Galicia, ademais dunha clara deslealdade institucional para coa Xunta.

Por todo isto, instan ao Alcalde a que aclare cal é o custe que asume o Concello neste proceso xudicial, e a que intereses ocultos obedece esta esperpéntica defensa, con diñeiro de todos, dun proxecto fracasado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.