1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

080416 cargGaliza - CNT - Onte, coincidindo co segundo día internacional en solidariedade cos titiriteiros detidos o 5 de febreiro durante a representación da obra de monicreques “La bruja y don Cristóbal”, integrantes do SOV da CNT de Ferrol saíron a expresar a súa solidariedade cos artistas, a esixir a retirada total dos cargos dos que os acusan e a informar á cidadanía deste escandaloso atentado contra a liberdade de expresión.


As estatuas de recente incorporación á paisaxe urbana ferrolá, non resignadas ao seu papel de captar votos nas eleccións municipais ou dexeccións de pomba, participaron encarteladas na protesta mentres as compas de CNT repartían panfletos con información sobre o caso e a postura do sindicato.

A primeira mobilizarse foi a de Canalejas, o "pasmado do Cantón", 48.400 € de bronce verde que levaban dende o 11 de marzo do pasado ano sen pintar nada na alameda ferrolá, ata que onte decidiu sumarse á protesta.

Tocoulle despois a quenda á estatua do capuchonciño, o xa famoso "Cucurucho de Rey Varela". Inaugurada o 26 de marzo de 2015, o pequeno encarrapuchado -onde 20.000 euros de cartos públicos fusionan o estilo "cornetto" co "cola-jet"- estaba tamén rabiando por facer algo de utilidade no seu céntrico emprazamento.

E, como tiña que ser, a estatua do marqués da Ensenada tamén sentiu o despertar da forza solidaria. O tamén coñecido como o C-3PO de San Francisco, 22.000 euros de paixón blaugrana que agardan dende o 27 de maio de 2015 que alguén complete o futbolín, sumouse tamén á solidariedade cos titiriteiros.

C3PO

Tod@s somos titiriteir@s,

GORA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.