Foto no Domínio Público - Ponte Pedroso, sobre o rio Arnego.
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA e financiada por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
O sábado 12 de marzo o Proxecto Ríos organiza o primeiro Roteirríos de 2016. Desta volta achegarémonos á ao río Arnego, na bacía do río Ulla, para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade.
Entre as actividades previstas son, ademais do roteiro polo río, a observación da flora nemoral que medra nas marxes do curso fluvial, unha inspección do Proxecto Ríos do estado de saúde dun treito do río e un paseo polo sobreiral do río Arnego.
PROGRAMA.
11:00h – Punto de encontro
11:15h – Breve explicación e comezo do roteiro
12:00h – Observación de flora nemoral
13:00h – Inspección do río Arnego
14:30h – Xantar de campo
15.30h – Volta polo sobreiral
17:30 – Regreso e remate
Características do roteiro: O roteiro é doado e pequeno, duns 6 Km. É preciso traer auga, comida e levar roupa axeitada para camiñar.