1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

pescaxunta2Galiza - ADEGA - Cultivar peixes en terra, precisamente nun país que conta cos ecosistemas mariños máis fecundos do mundo -as nosas rías e litoral galego-, foi sempre un absurdo. Porén, este foi o obxectivo que, con matices, perseguíu a Xunta dende que en 2005 López Veiga promovera o primeiro Plano Acuícola.


 

O primeiro monstro xurdido daquel "Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria", foi a megaplanta de rodaballo de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán, en plena Rede Natura da Costa da Morte. Entre as multinacionais acuícolas, nomeadamente Stolt e Pescanova, repartíronse a nosa galega, sen esquecer á familia dos ministros do réxime (Álvarez-Cascos en Rinlo-As Catedrais). E Pescanova fixou as súas gadoupas en Touriñán.

Durante o bipartito, a acuicultura industrial en terra seguíu a ser unha aposta da Xunta, mais matizada: na Rede Natura, de entrada, non. O que non evitou unha enorme mobilización social por toda a costa en defensa do litoral e dun modelo produtivo baseado no coidado do mar e das rías, e contra a produción de peixes de plástico en polígonos industriais en primeira liña.

Pescanova, privada de Touriñán, marchou a Portugal a "investir" e puxo en marcha a planta de Mira. Malia ás enormes subvencións públicas (preto do 50%) e á propaganda dos medios afectos (falouse de 3000 postos de traballo) cando só empregou menos de 200, o proxecto foi un fiasco dende o seu inicio.

Problemas técnicos e de deseño, derivados de que a fatoría foi obrigada a instalarse a 500m da costa (en Portugal non pasaron por menos), unidos á saturación do mercado e á fraudulenta xestión de Pescanova, fixeron que Mira nunca fora rendíbel. Agora, para tapar os buracos deixados por De Sousa coa súa xestión, a empresa vende a totalidade das accións.

Feijóo e Hernández fixeron as leis á medida de Pescanova

Modificouise ad hoc a Lei do Solo para permitir piscifatorías en primeira liña de costa e no chan protexido; redactouse un Plano do Litoral á medida das empresas acuícolas e un Plano Director da Rede Natura para permitir a Pescanova "retornar" a Touriñán e, por se fora pouco, declarouse a acuicultura "de interese público de primeira orde" nun burdo intento de "pontear" a Directiva de Hábitats.

A conivencia da Xunta de Feijóo co lobby dos peixes planos foi total. Mesmo mandaron á conselleira Rosa Quintana a Europa como axente comercial para tentar reorientar os fondos da PPC (política pesqueira común) que xa non subvenciona a macroacuicultura industrial e si as pequenas iniciativas locais de marisqueo e cultivos mariños.

Un modelo ambientalmente agresivo e pobre na xeración de emprego

Desde o punto de vista ambiental non hai alternativas que poidan compensar a destrución ou a perda de hábitats e de especies protexidas por estas instalacións, e moito menos se se trata de hábitats e de especies prioritarias, que por definición, son escasos e/ou están en serio perigo de extinción.
Os hábitats e espazos protexidos teñen tamén a consideración legal de utilidade pública e resulta indigno que o negocio privado, -sexa a acuicultura, a minaría, a enerxía ou o urbanismo-, poida prevalecer por riba da utilidade pública duns espazos imprescindíbeis para a protección e conservación da biodiversidade e para garantir a salubridade pública e a calidade de vida (servizos ecosistémicos).

E polo que atinxe ao emprego, a acuicultura de peixes mariños en Galiza xera menos de 350 postos de traballo (para 23 instalacións). Son dados do propio sector (informe de APROMAR e do Cluster da Acuicultura). Alguén lembra os centos de empregos (450) que Pescanova ofrecía en Touriñán ou os 3000 prometidos en Mira?
Comparando os dados do subsector das piscifatorías en terra co conxunto do sector acuícola galego (24.268 persoas, informe do Ministerio de Agricultura, 2011) temos que a porcentaxe de empregos nos peixes planos con respeito ao total do sector, dominado polo cultivo do mexillón e os parques marisqueiros de bivalvos, é só do 1,3%. E sobre a produción, a porcentaxe representa o 3,9%.

Malia a esta realidade, políticos e medios subvencionados venderon sen pudor a acuicultura industrial en terra como a panacea para zonas deprimidas como a Costa da Morte. Unha outra burbulla que ao estoupar, só deixou máis débedas, precariedade e paro.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.