1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

10017026933 12ccf0292a zGaliza - MMM - “O problema da dominación de xénero é que a dependencia tradicional das mulleres non é unha interdependencia equitativa, é unha dependencia vital; é ontolóxica. Trátase entón de construir unha interdependencia equitativa” M. Lagarde


Fotos de Fotos de Camisetas de SANTI OCHOA (CC by-nc-nd/2.0/)

Comezamos cunha reflexión que atinxe a autosuficiencia das mulleres, entendida coma un principio básico para poder desenrolar a autonomía. A clave é que a autosuficiencia, entendida dende o punto de vista das necesidades, pasa por desenrolar mecanismos que faciliten a capacidade para satisfacer as necesidades propias. Estos mecanismos, nun sistema patriarcal, serán limitados pola propia natureza do sistema, máis a nosa loita debe estar enfocada a construír unha nova sociedade que se sustente na interdependencia equitativa, e mentres non sexa realidade, traballar por mellorar a capacidade crecente para satisfacer as necesidades vitais das mulleres.

As mulleres están discriminadas no capitalismo patriarcal, aínda que non teñan un traballo asalariado, non polo sistema produtivo que crea a división do traballo nen porque o traballo que fan no sexa importante, senón porque o traballo non é remunerado.

"No caso das mulleres, de algunha maneira este traballo é o máis importante porque crea ás persoas que traballan, xa que non podes facer coches se non tes quen os faga. Nós decimos que a cadea de montaxe empeza na cociña, no lavabo, nos nosos corpos. O capitalismo entendeu esto, posto que é o sistema de explotación que máis enfatizou a importancia do traballo. Así que ten moi claro que as mulleres son o suxeito produtivo máis importante, pero para manter esta produción da forma máis barata posible, este traballo fíxose invisible." Silvia Federici

Como afirma Silvia Federici, no capitalismo existe unha organización do traballo con dúas compoñentes: a produción de mercancías e a da forza de traballo para o mercado.

As mulleres levan a cabo a produción da forza de traballo, e a discriminación ven polo feito de que este traballo volveuse invisíbel. Así que o poder social que ten o traballador masculino (por moi limitado que sexa) debido a que cobra un soldo, é porque o seu traballo está recoñecido, non o teñen as mulleres.

Construír a autonomía das mulleres pasa por resignificar o traballo das mulleres como unha cuestión social -­e non só visibilizar este traballo sen que teña repercusión na orde social-­ e o que se obtén por ese traballo, como unha obriga de reparto da riqueza común da sociedade.

Dende o feminismo sempre se denunciou a caridade e o asistencialismo como algo nocivo para as mulleres, porque está baseada no recoñecemento da carencia permanente.

A participación no mundo do traballo asalariado é, neste sistema capitalista, a garantía de obter dereitos sociais e económicos, e polo tanto de obter acceso a pensións ou a protección pública cando non se conta con medios de vida. Delo derívase no momento actual o empeoramento xeralizado da calidade de vida das mulleres, e da incapacidade de solución dende as políticas reformistas do sistema.

Vivemos ademáis nun planeta con recursos limitados, que están parcialmente degradados e son decrecentes, onde a única posibilidade de xustiza é o reparto de riqueza. Esto obríganos a un exercicio de creatividade e responsabilidade, colocando no centro da sociedade outros obxectivos que substitúan a expansión dos beneficios, do crecemento económico ilimitado e do consumo. Loitar contra a pobreza é o mesmo que loitar contra o acaparamento de riqueza.

Debemos reivindicar o exercicio da solidariedade como un principio democrático, e polo tanto os dereitos derivados do reparto da riqueza social. E especialmente para os tempos de crise estructural que padecemos, onde a perspectiva de dependencia económica e discriminación vaise ver acrecentada, sendo abocadas cada vez máis, a realización de maiores xornadas de traballo non remuneradas.

Sen lugar a dúbida non será posíbel construír o feminismo sen rexeitar a apropiación da riqueza social que exerce o actual sistema patriarcal capitalista e sen artellar solucións baseadas no carácter social da produción de riqueza e da defensa dos bens comúns.

Neste aspecto a Renda Básica é o mecanismo para o exercicio real dos dereitos e a liberdade das mulleres, é un novo dereito baseado na dignidade e a equidade.

A demanda dunha RENDA BÁSICA consiste no dereito de toda ciudadá a perceber unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materias, e sen ningunha contrapartida a cambio:

  • É individual, recíbea cada persoa. Esto evita o control e o gasto burocrático público.
  • É universal, onde a perceptora non ten que aportar ningunha contribución previa. Supón a contrapartida do seu dereito como ciudadá aos recursos naturais, ao coñecemento colectivo e a aplicación da súa capacidade creativa de traballo.
  • É incondicional, non se lle reclama nengunha contraprestación laboral a cambio e non fai distinción entre mulleres e homes (xénero), negros e brancos (raza)...
  • A cantidade que percibirá cada persoa será igual á considerada como umbral de pobreza; é aquela cuantía que permitirá satisfacer as necesidades materiais, evitando que as persoas continúen vivindo situacións de pobreza.

A RB non é unha proposta de modificación dos sistemas de protección social actuais, senón que a súa implantación ten que supor unha transformación social e política de gran alcance, afectando moi substancialmente a moitos aspectos da sociedade, tales como la distribución da renda, o sistema fiscal, o papel do traballo (asalariado, doméstico, voluntario) ou a participación cidadá na vida política.

Para o feminismo a Renda Básica pode ser beneficiosa á hora de recoñecer que máis aló do emprego necesitamos as tarefas de coidados para manter unhas condicións de vida axeitadas e saudabeis, colocando no centro do debate e acción política a vida con dignidade. Alén diso, a RB pode contribuir ao impulso dunha cultura política baseada na cooperación, no apoio mutuo e o recoñecemento que deben ter as necesidades humanas e os cuidados en calquera proxecto transformador e a participación activa das mulleres na sociedade .


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.