Ao mesmo acudirá profesorado de toda Galiza, así como profesoras e profesores do País Vasco, Navarra, Cataluña, Asturias, Comunidade Valenciana e Illas Baleares.
Haberá exposición de experiencias innovadoras no eido da normalización por parte de Belén Escariz (Ceip Quintela de Moaña, Vigo) e de Pilar Ponte (IES Pobra do Caramiñal), unha mesa redonda sobre a situación do galego e as linguas minorizadas no contexto do Estado, unha ponencia sobre as Irmandades da Fala a cargo de Emilio Ínsua, un obradoiro de lusofonía a cargo de Carme Saborido, e pechará as Xornadas NARF, cun concerto musical.
Para inscrición: http://www.steg.gal/inscricion.asp?id=3294