1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

calendariomulherstegGaliza - STEG - O  STEG presentou no mércores día 9 de marzo o seu Calendario de Mulleres no Tempo adicado ás mulleres creadoras de Ciencia.


A Ciencia xoga na nosa sociedade un papel moi importante pero é un sector no que aínda a participación da muller está pouco visibilizada, malia os logros que moitas mulleres teñen feito. O calendario do STEG quere contribuir a dar a coñecer o papel de algunhas mulleres que fixeron logros importantísimos neste eido. Como exemplos: Hedy Lammar , á que coñecemos como actriz de Hollywood, patentou o “espectro alargado”, que hoxe en día podería entenderse como o precursor da Wifi; a mestra Ángela Ruiz Robles, que inventou para o seu alumnado un antecedente do libro electrónico ou a galega María Wonenburguer, experta na rama matemática da teoría de grupos.

Coa adicación deste calendario á ciencia a Asemblea de Mulher do STEG quere pechar un ciclo que comezou hai dous anos con Creadoras de Pensamento (2014) e seguiu con Creadoras de Opinión (2015). Os tres son eidos determinantes na formación das nosas sociedades pero se os analizamos desde unha pespectiva feminista son partes do saber nas que o ocultamento das mulleres e ás súas achegas é máis agudo.

O Calendario de Mulleres no Tempo tense convertido nun referente entre o material coeducativo a disposición do profesorado galego. Da Asemblea de Muller do STEG salientan que se edita tamén en catalán, castelán e asturiano e valenciano con unha tirada de máis de 20000 exemplares. O calendario caracterízase por ter en cada data unha efeméride relativa a mulleres de ámbito internacional e unhas 70 de ámbito galego. Contén ademáis unha frase por mes con caracter feminista de cada unha das mulleres ás que se lle adica este ano o calendario Mulleres de Ciencia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.