1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

navalGaliza - CIG - A central denuncia que o sector perdeu uns 8000 empregos directos na Ría de Vigo dende os anos 90


A federación de Industria da CIG acabou de anunciar o início dunha campaña para reclamar a creación dun fondo de compensación económica para os traballadores/as do naval e a entrada da Xunta nos consellos de administración dos estaleiros nos que investiu cartos públicos. A central denuncia que se está a producir unha nova reconversión encuberta e lembra que o sector perdeu máis de 8000 empregos directos na Ría de Vigo dende os anos 90.

A presentación da campaña tivo lugar na mañá de onte durante unha rolda de prensa celebrada no local do sindicato en Vigo na que participaron o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, os responsábeis do Naval da federación, Emilio Cagiao, e da comarca, César Rodríguez, e representantes sindicais da central nas empresas Barreras, Freire, Vulcano e Metalships.

O responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo, César Rodríguez, comezou a comparecencia facendo un repaso da actual situación do sector na comarca e lembrou que a pesar dos “grandes anuncios propagandísticos” do Goberno español e da Xunta de Galiza “unha industria fundamental para a bisbarra e para o conxunto do país non deixa de destruír emprego e corre serio risco de desaparecer”.

Así, citou os datos do propio Ministerio de Economía que amosan que o naval da Ría de Vigo perdeu máis de 8000 postos de traballo directos dende os anos 90, panorama que empeora ano tras ano: só entre 2015 e 2016 o sector destruíu máis de 500 empregos. Como consecuencia, hoxe en día o sector emprega arredor de 1400 persoas, fronte ás máis de 10.000 dos anos 90, cando xeraba o 30% da riqueza na bisbarra viguesa e supoñía o 41% da construción naval do conxunto do Estado español.

Puxo como exemplo o acontecido en Factorías Vulcano, que nos 90 empregaba a máis de 1100 persoas e na actualidade a menos de 90. “Esta empresa leva aplicando ERE dende 2011 e dende ese ano non tivo ningunha contratación de buques”. A situación dos outros principais estaleiros, Barreras e Metalships, non é moito mellor, xa que a problemática derivada da anulación do antigo tax lease e da falta de financiamento tras a desaparición de Pymar fan que se atopen sen novas contratacións dende hai anos.

En canto ao resto de pequenos estaleiros (Cardama, Freire, Armón), entenden que aínda que nestes intres atópanse nunha situación de resistencia con pequenos contratos e con algunha reparación, “cómpre dende a Xunta establecer algún tipo de coordinación e axuda que impida que a corto e medio prazo poidan pasar por unha situación crítica ou mesmo terminar pechando”.

Falta de interese e mala xestión

Pola súa banda, o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, sinalou que a crítica situación que atravesa o sector é consecuencia da falta de interese das Administracións públicas (Estado español e Xunta) e da xestión deficiente por parte das empresas, “que non teñen a iniciativa necesaria para buscar novos contratos”.

Deste xeito, indicou que a campaña que enceta a central incluirá xuntanzas cos distintos grupos parlamentares e co propio sector para trasladarlles as alternativas e propostas que defende a CIG para a revitalización do naval. Entre elas, salientan a necesidade de que o Goberno galego participe nos consellos de administración dos estaleiros aos que achegou cartos públicos, como Barreras e Vulcano. “Imos solicitarlle á Xunta que se reúna coas empresas e apoie a súa viabilidade, pero no caso de que non teñan saída é preciso que entre nos seus consellos de administración”.

Outra das reclamacións da central ten que ver coa creación por parte do Goberno central dun fondo de compensación para os traballadores/as do naval co obxectivo de garantir tanto as prestacións económicas como as perdas sufridas durante os anos 2008/2015, cotizacións á Seguridade Social e revalorizacións das bases de cotización das pensións existentes e futuras, así como a reposición das prestacións e subsidios de desemprego.

Neste senso, na CIG entenden que os verdadeiros damnificados desta reconversión encuberta son os operarios/as, “que pagaron xunto coas súas familias os remates de contratos forzados, os despedimentos por causas obxectivas, os continuos ERE temporais e suspensivos que en moitos casos esgotaron as prestacións e os subsidios de desemprego, para finalmente converterse en ERE extintivos, tendo que ir ao Fogasa para cobrar os últimos meses de salario e as miserentas indemnizacións que as empresas deixaron de pagar”.

Finalmente, dende a central nacionalista adiantan a posibilidade de convocar un calendario de mobilizacións no caso de que a Xunta faga ouvidos xordos ás súas demandas e non se poña á fronte na defensa do sector para atopar fontes de financiamento e novos contratos que permitan a súa recuperación e supervivencia no futuro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.