1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

56f7fba8084cf capturaGaliza - Praça Pública - O 27 de marzo de 1996 iniciou as súas emisións CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, que nascía nesa data, hai hoxe 20 anos exactos, co apoio da UDC.


Os impulsores da emisora foron o Club de Prensa da Universidade da Coruña e o Coletivo de Universitarios Ativos. Seis anos máis tarde tivo que trasladar as súas instalacións e en 2003 renovou as súas emisións, contando coa colaboración de Xurxo Souto e Manuel Rivas. Desde entón mantén unha atividade intensa, promovendo a constituición da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (2006) e da Red de Medios Comunitarios (2009), que agrupa todas as emisoras españolas, e da que Cuac é a sede local.

Tamén pelexa -de forma moi intensa dende o ano 2012- por legalizar a súa situación, reclamando por unha banda que o Estado, a través da Xunta, abra a posibilidade de que as emisoras do terceiro sector poidan contar cunha licenza de emisión. Algo que, a pesar de ser recoñecido pola Lei do Audiovisual de 2010, segue sen cumprirse. Tamén iniciou unha batalla para competir con emisoras comerciais por esa frecuencia de emisión, a pesar das evidentes dificultades e desequilibrios económicos e mesmo dos obstáculos legais. "Cuac FM fixo todo o humanamente posible para acceder a unha frecuencia á que segundo a lexislación ten dereito. Dende o primeiro minuto solicitámola á autoridade competente. No 1996 a resposta que nos deron foi que a chegada das licenzas para entidades do terceiro sector era 'inminente', unha inminencia que xa vai polos 20 anos de espera", explicaba hai meses Mariano Fernández, un dos fundadores de Cuac.

De forma alegal, Cuac FM segue facendo radio (no 103.4 do dial), chegando xa aos 20 anos de idade, 20 tempadas, máis de 400 programas e centos de socios e socias, mantendo na actualidade 31 espazos de produción propia en antena. "Os parruliños saímos do ovo aló polo 1996, berrando, coma é natural. A nosa intención inicial non era cambiar o mundo, un mundo que apenas coñeciamos (¿non vos digo que eramos parruliños?), nos conformabamos con abrir unha fiestra pola que entrase un pouco de brisa mariña, pero o que entrou, foi un mundo que precisaba ser cambiado", destacan. "As nosas ferramentas son o diálogo e a liberdade, que non son pouca cousa. Pero é que agora, sí queremos cambiar o mundo. E ti?", engaden. Este vídeo amosa como a TVG contou, aquel 27 de marzo de 1996, o seu nacemento.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.