1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Porqué Feijoo pode seguir na Xunta...

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 19 Abril 2016 16:31

Deixemosnos de obamismos, do "yes, we can" traducido o galego, "si se pode", sen contido politico; analicemos a realidade.


Feijoo esta tranquilo porque a esquerda que tería que estar na rúa, mobilizandose contra a privatización da sanidade, contra a emigración, contra o desmantelamento da industria, contra os baixos salarios, contra o desmantelamento dos servizos sociais, etc etc, esta enredada na discusión ilusoria de que a través duns resultados electorais imos mudar algo.

En primeiro, semella que temos memoria de pez. Non ha tantos anos houbo umha campaña para botar o PP da Xunta. Lembrades, "hai que botalos", a raiz dumha mobilización tremenda como foi Nunca Mais e contra a Guerra. Lembrades, tamen, que en moitos concellos houbo gobernos biipartidos.

E que aconteceu. Moitos dos que hoxe andan polas mareas, e moitos qeu son hoxe alcaldes de cidades do cambio, foron membros de partidos que formaron eses gobernos, no PSOE e no BNG. E que balance sacan, pois repetir a mesma historia so que con novas siglas.

Por favor, é que non aprendemos nin tan siquer da nosa reciente historia, que non falamos dos ano 30, nin da transición; senon de fai 8 anos.

Feijoo e o PP estan tranquilos porque saben que as eleccions burguesas son o seu terreo de xogo, eles teñen as de gañar... Contan con todo o seu favor, os medios (xa lles deron centos de millons recentemente), a lexislación, a ideoloxía dominante da xente ("a ideoloxia dominante é a ideoloxía da clase dominante); contan con todo o seu favor... Nin tan siquer o "canonizado" 14 d abril de 1931 as esquerdas gañaron, se as eleccions foron gañadas polos monarquicos; o problema non foi de quen gañou as eleccions dun xeito "aritmetico", senon político: os monarquicos perderan na clase obreira o campesiñado pobre, nas cidades perderon.

No PP galego estan tranquilos porque as ruas estan tranquilas, e a unica perspectiva de cambio é un pacto entre un dos partidos do IBEX, o PSOE, e as forzas do "cambio", exactamente a mesma coalición do bipartido, o PSOE e as Mareas, en vez do BNG. O unico que lles pode quitar o soño é que sexan xulgados por corruptos, mas iso é pecata minuta; os interese do capital están a salvo, e iso é o que importa.

A unica maneira de que o PP e Feijoo se poñan nerviosos é voltar ás ruas, á mobilización social... eso é o que lles quita o soño; ver a milleiros de persoas na rúa, como foi o ano pasado en Vigo na Defensa da Sanidade Publica, e que provocou a dimision da Conselleira.

Mentras os activistas da esquerda estean nas suas casas, dandolle o "gustame" do Facebook, ou votando virtualmente, e non engrosen as organizacións de loita e mobilización, eles, o IBEX e os seus representantes, estarán tranquilos... Nas eleccions, pase o que pase, eles sempre gañan. Por elo, a perspectiva de reagrupamento de todos e todas as que estamos por enfrentar as politicas da Xunta, o goberno e a Unión Europea convírtese numha necesidade vital para a clase traballadora e o pobo.

As ilusión electorais son iso, ilusiòns que non conducen a ningures.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.