1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150210_ames.jpgCIG - As traballadoras piden responsabilidades ao concello pola situación na que se atopan.

 


 

As traballadoras de Limpezas Ames, en folga indefinida desde o pasado día 8 de febreiro, concentráronse este luns na Praza do concello, en Bertamiráns para demandar o cobro das nóminas adebedadas -levan dous meses sen cobrar- e para denunciar que nin sequera dispoñen de material de limpeza para poder facer o seu traballo.

Na concentración, as traballadoras denunciaron que transcorrida unha semana de folga, seguen sen cobrar os seus salarios. “Non podemos entender que o concello de Ames siga con esta empresa cando todo o mundo sabe, desde hai xa tres anos, que nos ten sen pagar os salarios e que mesmo ten débedas con facenda e coa seguridade social”, aseguraban.

Limpezas Ames é a empresa concesionaria do servizo de limpeza de entre outros, o Colexio de Ventín, a Casa de Cultura do Milladoiro e de diversas oficinas do concello. As traballadoras aseguran que é tal a situación, que a empresa xa non pon sequera material para facer a limpeza en condicións, polo que ten que facelo o concello “que supoñemos que llo descontará da factura”, explican.

A empresa nin sequera se preocupou de pór os servizos mínimos e tivo que facelo o concello. Unha situación que, ao seu entender, constata que o concello si pode intervir neste conflito. A falta de servizos mínimos provocou que, durante cinco días, tanto o colexio de Ventín como a Casa de Cultura do Milladoiro estiveran sen limpeza. “Isto só debía xustificar a rescisión da concesión”, din.

De feito, a CIG vén reclamando, desde que comezou o conflito, hai xa tres anos, que o concello de Ames rescinda, canto antes, a contrata do servizo de limpeza a esta empresa.

As traballadoras lamentan as molestias que poden estar ocasionando aos veciños e veciñas de Ames e piden comprensión dada a súa difícil situación. Lembran que esta é a cuarta vez que teñen que recorrer a medidas de presión para cobrar os seus salarios.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.