1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores alberto 2013 02 130216 espadasGaliza - AdV/DL - Un xoven de 25 anos declarará quinta-feira día 7 nos tribunais de Compostela por un tweet no que cualificaba de borracho un ex-concelleiro do PP de Compostela imputado na Pokémon.


Foto de Praza Pública - Registo policial na casa do ex-alcaide de Compostela.

Tras toda unha lexislatura marcada polos escándalos, no PP colleron gusto polos xulgados, e agora queren calar pola vía xudicial a tódolos que se manifestan contra o PP e o sistema. Dende suspensión de concertos, detención dos titiriteiros e aprobación da lei mordaza, son moitos os afectados por estes recortes nas liberdades públicas.

Aquí é onde se enmarca a querela presentada por Ángel Espadas contra AdV, compostelán de 25 anos, quen tras ver unha conversa no 2014 entre destacados cargos do PP compostelán e galego, moitos deles imputados incluso chegando a ingresar en prisión, comentou esa escena por twitter chegando a cualificar como borracho e putero a Espadas, quen pouco antes das eleccións fora multado por quedar durmido ao volante triplicando a taxa de alcohol permitida na zona de San Lázaro, preto dun coñecido clube de alterne da zona. Estos comentarios son os parecen ter ferido ao exconcelleiro moito máis do ferida que deixaron a cidade os seus 4 anos gobernando.

"Perden as eleizóns mais as súas garras continuan vixiantes e ameazantes contra quen se atreve a saír do discurso que eles mesmos promoven. Seguen unha táctica do medo para que ninguén se atreva a saír dese discurso. Mais apuntan mal, dan con xente á que non van amedentrar, cando contra quen deberían ir é contra os corruptos que facían que Compostela estivese día após día nas noticias, non como exemplo de boa xestón ou de referencialidade por ser a capital da Galiza, senón por problemas xudiciais dos seus concelleiros. Iso eran de verdade inxurias á cidade e o que fería nos sentimentos ás compostelás e composteláns. Por moitos procesos coma estes que haxa no territorio galego e no territorio español, somos moitos os que cremos que outro mundo sen estos corruptos é posíbel. Seguiremos loitando sexa nas redes sociais, na rúa ou o próximo xoves nos xulgados", explica a vítima da denuncia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.