1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170210_inem.jpgGznacion - No cuarto trimestre do pasado ano, o Produto Interior Bruto (PIB) rexistrou en Galiza un descenso do 3,1% con respecto ao mesmo período de 2008, unha caída inferior en 0,5 puntos á do trimestre anterior, datos tirados do Estatuto Galego de Estatística (IGE). 


Deste xeito, o PIB galego encadea catro trimestres consecutivos en taxa negativa, logo da caída do 0,3 por cento dos últimos tres meses de 2008 e o retroceso do 1,9 por cento entre xaneiro e marzo --co que entrou en recesión técnica.

A nosa economía contraeuse un 3,1 por cento en taxa interanual no cuarto trimestre de 2009 e un 0,2 por cento en taxa intertrimestral. Pola súa banda, a economía española non abandonou a recesión e contraeuse un 3,1 por cento en taxa interanual no cuarto trimestre de 2009 e un 0,1 por cento en taxa intertrimestral, mellorando os rexistros do terceiro trimestre (-4 por cento e -0,3 por cento, respectivamente) grazas a un comportamento menos negativo do consumo e o investimento, segundo os datos do o Instituto Nacional de Estatística (INE), que precisou que no conxunto do ano pasado o PIB contraeuse un 3,6 por cento.

A moderación na contracción do PIB español no cuarto trimestre foi resultado da menor contribución negativa da demanda nacional, que pasou de -6,6 puntos a -5,3 puntos, fronte á redución en catro décimas da achega positiva da demanda externa ao crecemento, que pasou de 2,6 puntos a 2,2 puntos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.