1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

370px Manuel María na Praza Maior de LugoGaliza - Fundaçom Manuel Maria - No Museo de Belas Artes da Coruña pasaron cáseque 300 persoas para participar na lectura pública da obra de Manuel María.


Foto de P. Lameiro (CC by-sa/3.0/) - Manuel Maria na Praça Maior de Lugo.

Manuel María na túa voz desenvolveuse entre os días 22 e 23 en máis de 40 cidades e vilas de Galiza. Esta actividade promovida pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi unha homenaxe literaria e popular ao escritor ao que este ano se lle dedican as Letras Galegas. En concreto as localidades onde se realizaron estas lecturas públicas foron A Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Xinzo de Limia, Lalín, Carballo, Barbadás, Betanzos, Brión, Vilalba, Outeiro de Rei, Monforte, Carral, Ortigueira, Rodeiro, Ribeira, Xermade, A Laracha, San Sadurniño, Guitiriz, Cedeira, Arteixo, Bueu, Boiro, Redondela, Cambre, Bandeira, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Cedeira, Lousame, A Bandeira, Santa Comba, Entrimo e Begonte.

A Coruña, acolleu este acto no salón de actos do Museo de Belas Artes. Por el pasaron arredor de 300 persoas que puideron gozar da prolífica e diversa obra de Manuel María, nos distintos xéneros que el cultivou, poesía, teatro, narrativa… Crianzas, mocidade e persoas adultas leron e escoitaron na voz de 70 persoas algúns dos poemas e textos das máis de cen publicacións do escritor da Terra Chá. O acto presentado por Xurxo Souto foi combinado coa música de Fran Amil e do grupo Pirilampo,  que recentemente tiraron discos baseados na obra de Manuel María, así como co espectáculo de maxia e poesía de Martín Caamiña.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.