1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150610_defesagalegoGaliza - A Peneira - A plataforma 'Queremos galego' criticou a "xestión nefasta e política indecente" que ó seu entender aplica o Goberno galego, que malia falar de "austeridade" realizou un gasto de "cinco millóns de euros" en pouco máis dun ano para "reducir a presenza da lingua na educación".


O voceiro desta organización que aglutina diversos colectivos, Carlos Callón, falou así da falsa "austeridade" que detecta no actual Goberno galego e asegurou que só nos libros de texto que haberá que renovar porque "están na lingua propia de Galicia" gastaranse 3,8 millóns de euros. Ata chegar aos 5 millóns, están 40.000 euros polos cambios realizados nas galescolas, 1 millón para a campaña de promoción do decreto e outras. Todo, engadiu, segundo as cifras "oficiais".

Para atallar esta situación, e ante a inminencia da pregunta que a Consellaría de Educación trasladará aos pais de alumnos de infantil para preguntar a lingua materna dos seus fillos, Queremos Galego emprendeu unha "revolta social" en que demandan a participación do país "e nais" de alumnos.

Trátase dunha nova campaña que pretende dar resposta ó "decretazo contra o galego" mediante a entrega na Consellaría de Educación de "escritos en defensa da lingua", para que os nenos teñan a posibilidade de acceder a un ensino en galego. "Galicia é a única comunidade autónoma con idioma propio onde se produce esta situación", asegurou.

O escrito para entregar á Consellaría indica que o decreto foi aprobado "a pesar do rexeitamento da comunidade educativa" e que "non garante que un neno poida recibir ningún ensino en galego na etapa infantil", isto é, ata os seis anos.

O escrito está pensado para as familias que "falen galego ou castelán" e desexen que os seus fillos "teñan as garantías para unha educación en galego". O documento será distribuído entre asociacións de pais e nais e poderase descargar na páxina web de Queremos Galego.

A organización solicita que se entreguen os escritos asinados na sede da plataforma para así realizar unha remisión conxunta dos mesmos á Consellaría de Educación.

Callón acusou de "demagóxica" a pregunta que se realiza nas matrículas, pois responder á cuestión sobre a lingua materna implica que "todo o ensino nesa aula sexa nese idioma".

 

?

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.