Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Apostolo premios Mestre Mateo galardones EDIIMA20130407 0005 4Galiza - Praça - A Academia Galega do Audiovisual deu a conhecer as obras e artistas nomeados para a décimoquarta ediçom dos prémios Mestre Mateus que cada ano reveem toda a produçom audiovisual galega.


Após a primeira votación as longametraxes O Descoñecido (15 nominacións) e Lobos Sucios (14) e a serie de televisón Hospital Real (11) parten como favoritos para a gala dos premios que se celebrará a 23 de abril no Pazo da Ópera da Coruña. Por número de candidaturas tamén destacan a serie de televisón Serramoura (7) e a longametraxe Las altas presiones (5). Os membros da AGA iniciarán unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada categoría.

Na categoría de mellor longametraxe competirán, polo tanto, O DescoñecidoLobos SuxosLas altas presiones e A praia dos afogados. Na categoría de mellor interpretación masculina os finalistas son António Durán "Morris" (por  Hospital Real. Capítulos 1-15), Frederico Pérez (por Era Visto! Capítulos 125-153), Luís Tosar (por O Descoñecido) e Matthew Fox (por Extinction). Na categoría de mellor interpretación feminina as finalistas son Maria Vásquez (por Hospital Real.Capítulos 1-15), Marian Álvares (por Lobos sucios), Nuncy Valcárcel (por Luci. Capítulos 14-28) e Paula del Río (por O Descoñecido).

As webseries finalistas na súa categoría son Dalle Jas!El Método SuecoGafas E Pallaso e P.I.B. (Producto Interior  Bruto). E a mellor curtametraxe elixirase entre as seguintes: Disney (de Jorge Saavedra), Eco (Xacio Rodríguez Baño), Ladrones de Tiempo (I do visual e Bululú Creativos), Restart (Miss Movies en produción asociada con Píxel Films e Escola de Imaxe e Son de A Coruña).

Finalmente, os documentarios que optan ao premio son Os días afogados (Amanita Films coa participación de TVG), Querida Gina (Artemática coa participación de TVG), Torre de Breoghán (Abano Producións, Mar Maior, Luar na Lubre e Mirmidón Producións) e Unitarias. Historia dun Mestre galego (Adiviña Producións coa participación de TVG).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.