1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

As "inauditas" criticas á decisión das CUP

Roberto Laxe - Publicado: Terça, 05 Janeiro 2016 16:57

É inaudito ouvir os ataques que están a sufrir as CUP pola sua decisión de non investir ao politico burgués e rexionalista, travestido en independentista pola forza das cousas (pola incapacidade do Estado Español para integrar á burguesia catalana a través dumha simple reforma do Estatut).


Mas o inaudito non é que lles ataquen desde a caverna mediática, a que atacou ao bipartido galego sen tregua para pór a Feijoo e liquidar calquera veleidade dunha construcción propria -esta claro que nesos ataques tiveron umha boa axuda na politica claudicante do BNG-; mas tamen o inaudito é que lles ataquen moitos supostos nacionalistas e independentistas que ainda non entenderon que a opresion nacional no Estado Español non a vai resolver as alianzas con ningum burgues, por moito que se envolva na "estelada".

As burguesias do Estado Español, sexa da nazón que sexa, fracasaron no seu momento historico -seculo XIX e comezos do XX- na conquista da liberación nacional. A burguesia catalana, cando tivo que enfrentar o movimento revolucionario na republica, prefiriu apoiar o golpe militar que ir coerentemente cara a independencia, aliada coa clase obreira española: o seu instinto de clase lle dicia que a clase obreira española en loita contra o franquismo non era su aliado, senon o seu inimigo mortal; e demonstrouno sobradamente.

A burguesia basca chegou a negociar co franquismo umha saída "digna", e cando viu que estaba todo perdido, en vez de seguir o consello da esquerda de dinamitar os Altos Fornos de Vizcaia, prefiriu mantelos intactos. Á semana de entrar os fascistas en Bilbao, estos Altos Fornos estaban producindo a todo gas para armar o exercito franquista.

Da burguesia galega, mellor non falar, porque xa facia moitos anos que decidira ser "cola de leon", en vez de "cabeza de rato".

Estas burguesias, que non foron nunca quen de se enfrentar ao rexime burgués de quenda, nin um tan debil como a Republica, vai enfrentar o rexime do 78...? Por favor, as derrotas dos pobos esta cheos de ilusións en que os burgueses, nalgún momento, poden ser os aliados da clase traballadora.
A burguesia catalana foi co PCE e o PSOE, un dos artifices do rexime actual, herdeiro do franquismo, con quen ben lle ía.

A crise actual, detonada no 2007, rebentou estos acordos, e a burguesia no seu conxunto, española, basca, catalana, galega e mundial, lanzaronse a umha orxia de recortes e ataques aos direitos dos pobos e da clase traballadora, e Mas (CiU) na sua vangarda: os recortes no Estado Español comezaron en Catalunya.

A decisión das CUP é absolutamente coerente cum programa de loita pola independencia de Catalunya. Votar NON á investidura dun presidente burgués é o mais coerente que se pode facer se realmente se quere ir cara unha republica catalana; umha verdadeira independencia, non só do rexime do 78, senon das institucions imperialistas europeas, a Unión Europea.

Além mais, hai que dicer que a republica catalana realmente independente, é imposible sen a quebra do Estado Español e da Unión Europea. Umha republica catalana no cadro do rexime do 78 e/ou da UE é un fantasía, pois ben poderia chamarse "republica catalana", mas, se lembramos a Lenin, iso non garantiza a verdadeira independencia: pois a dependencia produciriáse a través de "mil fios diplomáticos, financeiros, etc" (Imperialismo Fase Superior do Capitalismo).

Na era do imperialismo capitalista defender calquera vía a independencia que non vaia ligada á loita da clase obreira polo socialismo, é um engano á poboación; é chamarlle a confiar no seu pior inimigo interno, a burguesía "nacionalista".

Alem diso, a loita da clase obreira non é nacional, é por definición internacional; non é construir marcos "nacionais" de relacions laborais onde debilitase frente os grandes poderes estatais e europeos. Isa é a perspectiva sentimental da pequena burguesía dentro da clase obreira, pensar que cada quen defendendo o seu "curruncho" pode derrotar ó inimigo de clase. A unica maneira de derrotar a ese inimigo de clase, envolvase na "estelada", na "rojigualda" ou na "republicana" é a través da loita da clase obreira de conxunto contra o estado que explota e oprime.

A clase burguesa actúa de conxunto a través das suas institucions, os reximes, e só enfrentando unitariamente esas instituciones para derrubalas podemos ter garantía de vitoria; esto no quer dicer "uniformidade", eso é o que defende o españolismo de esquerdas, a "uniformidade" na resposta, e todos e todas mirando para o centro como se este fose o ombligo do mundo.

A combinación entre a loita da clase obreira contra o rexime do capital e a loita dos pobos contra a opresión nacional é a arte da politica que os bolxeviques na Rusia zarista foron capaces de articular.

Lenin recomendaba que os marxistas na nación opresora fosen os mais ardentes defensores do direito á autodeterminación (non o simple direito a decidir que algúns usan como sinonimo), para superar a división da clase obreira en nazons opresoras e nazons oprimidas. Mas isto tiña umha contraparte; na nazón oprimida os marxistas defendian diante de todos a unidade da clase obreira frente o estado burgués, para que as clases obreiras non cairan baixo as redes das burguesias nacionalistas.

As CUP, o non investir a Mas demonstran umha das condicions, ningumha confianza nos "proprios" burgueses; agora toca construir a segunda parte: a unidade da clase obreira do Estado Español contra o Rexime do 78 e europea contra a UE.

Corrente Vermella sempre defendeu en Madrid, en Castela, na nazon opresora o direito dos pobos á autodeterminación; mas defende que só a través dumha saída de clase é posible que esa autodeterminación non leve de cabeza á dependencia que, como vimos, Lenin definía "a través e mil fios diplomáticos, finaceiros".

E isto non é ultraesquerdismo, como moitos queren nos dicer, senon realismo: confiar, asi sexa formalmente, en Mas e na burguesia catalana e os seus voceiros "nacionalistas", chamar o seu investimento, é enganar o pobo traballador catalan, e por extensión o resto dos pobos do Estado Español, que esperarán o seu Mas de quenda (os Cuiña, PNB, etc. etc.).

As CUP deron umha lección de coerencia politica e democrática á esquerda española, que moitos queren se arrogar, como se defenderan o que as CUP defenden. As CUP teñen retos tremendos por diante que eles resolveran, mas ate o de agora fixeronno o invés que todos os que estan negociando para garantir umha "estabilidade" do rexime. Por que a maioria das CUP, como moitos na esquerda, sabemos que o proceso soberanista, nin a loita contra o rexime e a UE resolvese cumha investidura nin numhas eleccions, é para iso ha que facer un traballo de acumulación de forzas, non traíndo as expectativas dos apoios que xa teñen na clase traballadora e o pobo: se as CUP non tiveran decidido Non investir a Mas, eses apoios irian polo desagüe, cousa que moitos na esquerda (hipocritamente agora apuntanse á decisión) esperaban que fixeran para poder dicer, "ollade como todos son iguais".

Esta acumulación de forzas vai mais alo dumhas simples eleccions, por que o capital español e catalán non van renunciar o seu poder por moitas votacións que haxa, senon a través da mobilización social.

Se as CUP tiveran votado SI á investidura, fortaleceriase a proposta pequeno burguesa de negociar co Estado um "concerto económico" (obxectivo real de Artur Mas e os seus aliados), e desaparecerían para a loita popular pola transformación social.

Co seu voto NON as propostas pequeno burguesas de negociar co estado saen debilitadas e fortalecénse as perspectivas de ruptura co Rexime do 78. Por isto, son inauditas as criticas ás CUP desde posicions supostamente transformadoras, nacionalistas ou independentistas.

Galiza, 4 de xaneiro do 2016


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.