Deste xeito, o PIB galego encadea catro trimestres consecutivos en taxa negativa, logo da caída do 0,3 por cento dos últimos tres meses de 2008 e o retroceso do 1,9 por cento entre xaneiro e marzo --co que entrou en recesión técnica.
A nosa economía contraeuse un 3,1 por cento en taxa interanual no cuarto trimestre de 2009 e un 0,2 por cento en taxa intertrimestral. Pola súa banda, a economía española non abandonou a recesión e contraeuse un 3,1 por cento en taxa interanual no cuarto trimestre de 2009 e un 0,1 por cento en taxa intertrimestral, mellorando os rexistros do terceiro trimestre (-4 por cento e -0,3 por cento, respectivamente) grazas a un comportamento menos negativo do consumo e o investimento, segundo os datos do o Instituto Nacional de Estatística (INE), que precisou que no conxunto do ano pasado o PIB contraeuse un 3,6 por cento.
A moderación na contracción do PIB español no cuarto trimestre foi resultado da menor contribución negativa da demanda nacional, que pasou de -6,6 puntos a -5,3 puntos, fronte á redución en catro décimas da achega positiva da demanda externa ao crecemento, que pasou de 2,6 puntos a 2,2 puntos.