Foto de elaboraçom própria, sobre trabalho de M Tracy Hunter - Áreas com atividade naxalita.
A represión brutal de mulleres adivasi, a situación dos presos políticos e falta de liberdade de expresión e identificación co terrorismo a calquera iniciativa de debate serán algúns dos temas que o activista internacionalista, Martín Naya, tratará a partires das 20.00 horas no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35)
Na India están a sucederse unha serie de violacións dos dereitos humanos vinculados co movemento naxalita. Exemplos documentados son os asasinatos de guerrilleiros, violacións en masa por parte do exército como arma de guerra alí onde o movemento está presente e formas de intimidación como o “test de Naxalita”. Esta práctica habitual consiste en que os soldados apertan os peitos das mulleres esperando a ver se sae leite. Se isto non sucede, o goberno entende que esta muller é naxalita. A explicación do goberno indio é que todas as mulleres casadas deberan dar leite.
Outro dos exemplos que se tratarán na charla é o do profesor Saibaba, coñecido preso político apoiado recentemente por Arundhathi Roy. Aínda tendo un 90% do seu corpo paralizado, se atopa en prisión sen soporte algún para a súa saúde e con un gran deterioro físico e é acusado de participación en actividades ilegais, pertenza a banda armada e conspiración para cometer actos terroristas xa que denunciou publicamente os abusos aos que estaban a ser sometidos os adivasi.
Título | A revolución naxalita na India a cargo de Martín Naya |
Día | Mércores 6 de Abril de 2016 |
Hora | 20:00 horas |
Lugar |
Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) |