1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

cultura-dotaGaliza - CIG - A CIG-Ensino vén de presentar un escrito dirixido á conselleira de Facenda no que se solicita que proceda “á liquidación e á esixencia do reintegro ao Tesouro de Galiza das cantidades indebidamente percibidas polas empresas Fomento de Centros de Enseñanza SA e Asociación Fontenova” que xestionan os centros Peñarredonda, Montespiño, Acacias, Montecastelo e Aloya, logo do Tribunal Supremo ter anulado, por sentenza firme ao recurso presentado pola CIG-Ensino, os concertos educativos con estes centros que segregan o alumnado por razón de xénero.


Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen subliñou que na sentenza ditada polo Tribunal Supremo se especifica que “non poden comprometerse fondos públicos para estes centros” e que no entanto recibiron, entre o ano 2009 e 2013, 12 millóns de euros polos concertos educativos agora anulados.

Louzao explicou que a CIG tomou esta decisión considerando que estes fondos teñen, por tanto, a condición de créditos indebidos e, en consecuencia, a administración “ten o deber de recuperalos e reintegralos á facenda pública tal e como recolle a Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galiza”.

Para o secretario nacional da CIG-Ensino, a falta de liquidación e a non exixencia destas cantidades “podería dar lugar a responsabilidades contábeis”, tal e como recolle tamén a Lei xeral Orzamentaria. A isto engadiu que o propio Código Penal “tipifica como malversación este tipo de actuacións”, polo que para a CIG “poderiamos estar diante dun delito de malversación”, afirmou.

Louzao demandou ademais que estas cantidades indebidamente percibidas por estes centros sexan destinadas ao ensino público, e sinalou, a modo de exemplo, que estes 12 millóns de euros superan en 5 os que se invisten en Normalización lingüística; representan preto do 50% do que se dedica a comedores escolares ou permitirían contar con 200 profesores/as máis un ano, que é o equivalente desta cantidade durante este período.

Dimisión e inhabilitación do conselleiro de Educación

O secretario nacional de CIG-Ensino afirmou ademais que “estamos diante dunha actuación que debe ter consecuencias políticas: a primeira ten que ser a dimisión do conselleiro, pero ademais hai que inhabilitalo para exercer cargos públicos”.

Neste sentido, denunciou que a actitude do conselleiro “roza a prevaricación”, porque “era coñecedor da ilegalidade dos concertos educativos con estes centros” e, malia iso, non só destinou eses 12 millóns de euros para o período 2009-2013, senón que volveu facelo en agosto de 2013, cando xa había sentenzas do Supremo que os declaraban ilegais -antes desta gañada pola CIG, aínda que esta sexa a primeira en Galiza- , e tamén do TSXG.

Por iso considerou que “estamos ante un conselleiro que está ao servizo da patronal ligada ao OPUS DEI e dun modelo educativo retrógrado e discriminatorio; ao servizo dunha ideoloxía ultraconservadora, contrario ao que debe ser un ensino que procure a igualdade entre homes e mulleres e contra a perpetuación da discriminación da muller”.

En todo caso, considerou que tamén “hai cómplices” e sinalou como o primeiro o presidente da Xunta, por permitir que se dean, de forma reiterada, estes comportamentos. Neste sentido lembrou que son numerosas as sentenzas do TSXG que gañou a CIG-Ensino, como a do Decreto de Plurilingüismo ou o recoñecemento do dereito do profesorado a ter un recoñecemento médico anual. Sentenzas ambas ante as que o conselleiro adoptou unha posición “insubmisa” que obrigou á CIG-Ensino a recorrer ao mesmo tribunal para que fixera que foran acatadas.

Ante isto denunciou que o conselleiro “válese do seu cargo para actuar con total impunidade” e considerou que “é malversador”. A modo de exemplo lembrou que na sentenza pola que se recoñece o dereito do profesorado a ter unha revisión médica, Educación tiña un preacordo coa consellaría de Saúde no cal se ía aforrar 800.000 euros se o facía a través do SERGAS. “Houbo un desencontro entre as dúas consellarías, vai haber ese recoñecemento médico pero vai ser mediante unha entidade privada e todos os galegos e as galegas teremos que gastar 800.000 euros máis”.

Anxo Louzao anunciou que, en todo caso, a CIG-Ensino dará “a batalla até o final, até que consigamos que este tipo de centros desaparezan do sistema educativo galego e que estas cantidades que foron desviadas ao ensino privado concertado sexan recuperadas para as galegas e galegos”.

Concluíu ademais agardando que, por unha vez, “o Presidente da Xunta de Galiza, se o conselleiro non dimite, actúe en consecuencia”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.