1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

courelb.jpgVieiros - Os veciños denuncian un proxecto que non conta cos preceptivos informes de Patrimonio nin con Estudos de Impacto Ambiental. 


A estrada en cuestión é a que comunica Becerreá con As Nogais. O proxecto para a súa ampliación data do anterior goberno provincial, dirixido por Francisco Cacharro, e actualmente está en trámite o procedemento de expropiación forzosa aos veciños dos terreos afectados (BOP-Lugo nº 268). Porén, dende diferentes colectivos como SOS Courel, Adega ou LugoPatrimonio denuncian a afección que estas obras terán sobre diferentes elementos de interese patrimonial, entre eles dous catalogados como Bens de Interese Cutlural (BIC).

Sen avaliar o impacto ambiental

“O actual goberno bipartito da Deputación asume os erros do anterior e leva á práctica a política de feitos consumados”, denuncia Orlando Álvarez, de SOS Courel. Este colectivo denuncia que o primeiro tramo que se vai construír (de 5,5 quilómetros dun total de 18 e cun orzamento de cinco millóns de euros) atravesa o Val de Torés (As Nogais) e pasa á beira do Castelo de Torés, dunha vivenda tamén catalogada como BIC e da igrexa. “Traballos deste tipo con grande maquinaria acabarán por derrubar este patrimonio”, apunta Álvarez.

Logo de facer pública a súa denuncia, a Deputación advertiu de que o proxecto de ampliación da estrada aínda non está aprobado definitivamente e que agardará polo visto bo de Patrimonio, un extremo que nega SOS Courel: “está xa tan avanzado que os veciños xa non están en prazo de reclamar por vía administrativa as súas expropiacións, só poden por medio dun contencioso no xulgado”, subliña. Nesta liña, destaca que non foron emitidos ningún tipo de informe: “nin estudo de impacto ambiental, nin documentos de Patrimonio... o proxecto está feito por un enxeñeiro e punto e supón un atentado contra a nosa riqueza cultural e natural”.

Malos precedentes

Mais esta non é a primeira agresión que sofre o Courel pola ampliación dunha estrada. Un exemplo é a vía que vai até a Autovía A6 (Pedrafita do Cebreiro): as reformas desta estrada, que comezaron en 2003, aínda non completaron a metade dun percorrido total de 18 quilómetros. Até o de agora, só se reformaron seis, en concreto no tramo a Pedrafita. "A este paso conseguirase prolongar as carencias de comunicación e os impactos de xeito indefinido", asegura Álvarez, quen tamén asegura non entender porque agora se retoma a obra por Becerreá en troques de continuar por Pedrafita.

Ademais, denuncia a “catástrofe paisaxística e ambiental” da Rede Natura que supuxeron as obras xa rematadas: “atravesaron polo medio a Mina da Romana da Toca, impactando gravemente nunha paisaxe de recoñecidos valores naturais e culturais, nun Espazo natural das Normas Complementarias e Subsidiarias da Provincia de Lugo”. Ademais, “non se habilitaron pasos de fauna e obstruíronse os poucos que había ao substituír as pontes por tubos e practicar taludes totalmente verticais e insalvábeis”.

Finalmente, SOS Courel subliña que o trazado real da estrada “non coincide co dos planos do proxecto”. Segundo explica Orlando Álvarez, “iso pode comprobarse facilmente, observando na ladeira os sucesivos intentos de trazado abandonados, resultado do método ensaio-error”. Ao parecer, a plataforma da estrada “asentouse sobre escombreiras sen compactar, polo que está continuamente afundíndose, obrigando a unha reparación permanente a base de pedrapléns que xa se tiñan que ter practicado na obra inicial”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.