1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

10999971 819167131533337 4517574565466111147 nGaliza - TFdPV - O pasado día 3 de marzo o Consello da Xunta anunciaba o inicio do proceso de cara á aprobación da nova da Lei de Protección Animal. A pesar dalgúns avances, como o que atinxe á prohibición dos circos con animais, este anteproxecto de lei é claramente insuficiente xa que pretende ocultar con algunhas concesións a decisión política de permitir que en Galiza continuen a organizarse touradas.


Desde Touradas fóra de Pontevedra queren transmitir, en primeiro lugar, que os avances introducidos polo anteproxecto son consecuencia da crecente mobilización social nos últimos anos. Grazas á mobilización as institucións teñen que moverse e aceptar as reivindicacións populares e así son cada vez máis os concellos que se posicionan contra as touradas ou os circos con animais. Neste último caso, lembran que Pontevedra se declarou libre de circos con animais o pasado mes de novembro grazas a unha iniciativa impulsada por ese colectivo e aprobada por unanimidade.

Mais por outra parte, "loxicamente, só podemos manifestar o noso total rexeitamento diante da decisión de manter as touradas fóra do ámbito da protección animal". O goberno do PP, o grande defensor das touradas en Galiza, quere teimar na contradición que supón non considerar as touradas un caso de maltrato animal, a pesar de que o propio anteproxecto define maltrato como calquera conduta que ocasione directa ou indirectamente ao animal dor, sufrimentos ou danos innecesarios, tanto físicos coma psíquicos, ou a morte, sexa por acción ou omisión dolosa ou neglixentemente. As touradas son un evidente caso de maltrato a ollos desta definición.

A lei, di, marcarse como obxectivo garantir a protección e benestar dos animais, mais iso contradise coa exclusión establecida no artigo 2º, segundo a cal non será de aplicación, entre outros casos, aos animais empregados en calquera espectáculo taurino, incluídos os encerros.

Esta defensa das touradas contra vento e maré, a pesar do seu escaso apoio e seguimento no noso país e de seren unha práctica crecentemente rexeitada, só pode entenderse polas presións do lobby empresarial taurino (alleo a Galiza) e por un posicionamento ideolóxico da dereita española que non se sostén a estas alturas.

A plataforma chama ao movemento asociativo pontevedrés e a todas as persoas a nivel individual a solicitar a eliminación da exclusión dos animais utilizados nas touradas dentro do ámbito de protección da lei, agora que o anteproxecto está en proceso de información pública. "Temos que facer público e notorio que o rexeitamento ás touradas é maioritario e que non imos dar o visto bo a unha lei que mantén esta barbaridade".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.