1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180316 greporGaliza - CNT - En apoio cos compañeiros e compañeiras de Servicarne no Porriño. Os traballadores e traballadoras de Servicarne no Porriño veñen de iniciar unha folga indefinida promovida pola CIG para melloraren as súas condicións laborais.


Mais dos 80% dos traballadores e traballadoras secundaron a folga que foi adoptada como medida perante a imposibilidade de diálogo por parte da dirección de Servicarne.

Como ven denunciando a CNT nos últimos meses, as condicións laborais en que se encontran os traballadores e traballadoras da subcontrata Servicarne son de importantes niveis de explotación.

Nesta "cooperativa" non se respectan as festividades nin descanso semanal, con horarios de 50 ou 60 horas semanais, as modificacións nos contratos non son comunicadas debidamente e contan cunha amplo leque de sancións e translados arbitrarios como medidas represivas. Neste sentido, o sindicato CNT xa conta coa represión sindical por parte da empresa en forma translados a 900 km dos lares dos e das traballadoras.

Recentemente, foi apresentada por compañeiras e compañeiros da CNT en Servicarne de Ourense un documento con cinco propostas para seren apresentadas na próxima asemblea xeral onde se recollen unha serie de solucións a problemas como a ampliación do pagamento da cota de autónomos durante baixas médicas, a devolución da cota mensual aos compañeiros e compañeiras que deixen a cooperativa por causas obxectivas, o asesoramento externo nas asembleas e mudanza da súa localización e, por último, a diminución do período de proba e votación en asemblea para a adquisición da condición de socio ou socia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.