1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

071114 acurbeiraGaliza - Sermos Galiza - [O.R.] Conversamos cun dos estudantes detidos o 5 de novembro polos protestos nunha visita de Feijóo á USC. A policía acúsao dun suposto delito de "atentado á autoridade, desobediencia e altercado".


Aaron Curbeira foi un dos estudantes detidos após o protesto decorrido na Facultade de Matemáticas en que un grupo de alumn@s apuparon o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, obrigando a cancelar a súa ponencia nun ciclo de conferencias organizado pola USC. Dúas semanas despois dos acontecementos ocorridos o 23 de outubro, Aaron, integrante da organización estudantil Agir, foi detido na súa facultade por axentes da policía española. "Xa me estaban vixiando á porta da casa", explica en conversa con Sermos Galiza. "Retiráronme o documento de identidade e o teléfono e metéronme nun vehículo", acrecenta.

Fotografías da imprensa como probas

Durante ese tempo non lle foron explicadas as razóns da súa detención, afirma, que lle serían indicadas unha vez chegou a comisaría. Após varias horas detido pasou a disposición xudicial xunto con M.A, outro estudante.

Xa nos xulgados de Fontiñas (Compostela), Aaron coñeceu os cargos dos que é acusado. Un presunto delito de "atentado á autoridade, altercado e desobediencia" en base, subliña, "ás fotografías publicadas" nun coñecido diario local compostelán "no que se ve a disputa cos garda-costas de Feijóo".

Durante a vista co xuíz, Aaron Curbeira estivo asistido por unha avogada de oficio e, até o momento, descoñece cal será a sanción que lle pida a Fiscalía. Aínda así, algúns medios de comunicación, como VTelevisión, aseguran que o fiscal pedirá penas de prisión. "Polo de agora non hai unha petición formal mais de prosperaren algúns dos delitos podería darse a petición de prisión", sinala con prudencia á espera de se reunir xa coa persoa que levará a súa defensa formalmente.

Unha "estratexia para desmobilizar"

Após o acontecido, Curbeira asegura que as detencións --á que se sumou esta sexta feira (7 de novembro) a dun outro estudante xa posto en liberdade con cargos-- "enmárcanse na estratexia de desmobilización do estudantado e da mocidade combativa". "Queren amedrentar", di, nomeadamente "a aquel estudantado que fixo parte do protesto e non está organizado".

A respeito do uso de fotografías difundidas pola imprensa para xustificaren as acusacións policiais, Aaron amósase certo de que "é un papel que xogan algúns medios de comunicación" cuxas informacións, afirma, "queren manipular a opinión pública falando primeiro de estudantes e logo de radicales independentistas, por exemplo". Este feito, xa foi empregado nas detencións a seis estudantes compostelás enmarcadas nos protestos da frota do cerco ás portas do Parlamento.

Así as cousas, salienta, "no meu caso isto o que me fai é seguir, sobre todo pola solidariedade que se me trasladou nestes días por parte doutras organizacións e de persoas individuais". Segundo Curbeira, "nótase un cambio, aínda que sexa pequeno, na sociedade" que ve con outros ollos "casos de represión" coma este.

O procedemento xudicial continúa o seu curso e podería demorar por volta dun mes até se coñeceren as acusacións formais da Fiscalía.

 

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.