1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)
Roberto Laxe

Clica na imagem para ver o perfil e outros textos do autor ou autora

A Velha Toupeira

Sr Buitrón, é a política.... !

Roberto Laxe - Publicado: Quarta, 09 Março 2016 06:45

O sr Buitron, un dos voceiros actuais de Podemos Galiza, na sua xestora, dinnos despois do discurso de En Marea no Parlamento Español, que a "autodeterminación" non é a prioridade.


A estas alturas, dicer que a emigración galega, a desindustrialización / industrializacón forzada, a precariedade inducida por umha estructura productiva ao servizo do de sempre, a producción de materias primas para a industria allea, cunha estructura financeira pública, as caixas, desmantelada e vendida ao capital, cumha "clase" politica que é como din Beiras, "umha brigada de demolición", ... Cun atraso brutal nas conexión ferroviarias, postas ao servizo do capital Central, cun capitalismo galego dependente do capital castizo -La Voz de Galicia é o seu voceiro-... Coas pensions das mais baixas do estado froito desa desindustrialización forzada, cun patrimonio arqueoloxico esnaquizado porque Galiza non ten historia proprio, é España e poren non precisa do
direito á autodeterminación.

A estas alturas, pensar que todo esto non ten nada que ver co direito á autodeterminación, ou é ignorancia, o cal é perdoable, ou é mentalidade de señorito coruñes, que pensa que Galiza é un sitio onde se come ben e pouco máis.

Sr Buitron, sabe que a propria Xunta do PP, que non é precisamente independentista, recoñece que o estado debelle a Galiza 2.500 millons de euros: acaso eso non podería axudar a evitar o desmantelamento da sanidade.

Sr Buitron, saque a cabeza do vazquismo máis rancio e pense: Galiza, o seu pobo traballador, está como esta non porque era atrasado, da aldea, pode que o "robertdiniro" "curuñes", Paco Vazquez, o pensara porque era un reaccionario de tomo e lomo, españolista, antiabortista e o do OPUS; tampouco o seu atraso debese a que fose aventureiro, como xustificaba o dictador Franco.

Non sr Buitron, o atraso da Galiza ten que ver coa su pertenza ao Estado Español, o seu caracter periferico nun estado que é periferico na Unión Capitalista Europea; á división do traballo imposta por multitude de guerras europeas e españolas, a ultima no 36. Por acordos politicos nos gobernos e na UE que resultan en peches de fábricas, ou mantemento das que aumentan a nosa dependencia...

E iso concretase no odio ou o desprezo, no mellor dos casos, ás reivindicacions nacionais galegas como é o seu caso.

Como non vai ser umha prioridade poñer no centro un dos problemas politicos centrais que manteñen a opresión sobre Galiza; se non fai nin dous días que Renfe pechou nos feitos a liña ferrea Ferrol Coruña.

Sr Buitron, aconteceria eso feito se Galiza tivera a oportunidade de decidir sobre os seus sistemas ferroviarios?

A autodeterminación, por si non o sabe, que cabe dentro de o probable, é a capacidade dun pobo para lexislar sobre as suas necesidades, sen esperar a que ninguén decida por el.
Mas a Autodeterminación ten outro aspecto, politico e ideoloxico, que é reconstruir a unidade da clase obreira do Estado Español, para enfrentar as institucions qeu garanten a opresion da Galiza, o Rexime do 78.

A división da clase obreira do Estado Español non a introducen os chamados nacionalistas perifericos, senon xente como ud, que pon á poboación traballadora galega en función dos intereses do aparello central do estado, ao negar o direito á autodeterminación.

A poboación traballadora galega ten todo direito a se autodeterminar, o que inclúe o direito á independencia; e non ten porque esperar que ninguen lle de "permiso" para facelo.

Umha outra cousa distinta é ser conscentes de que só desde a unidade da clase obreira, a do Estado Español como europea, é posible avanzar numha real independencia política.

Umha Galiza independente, nun marco dun Estado Capitalista e umha Europa imperialista, terminará sendo umha semicolonia, formalmente independente, más realmente dependente... Como aconteceu con tantos outros pobos do mundo.

So umha Galiza independente nun cadro dunha Federación de Estados Socialistas Europeos, pode ser realmente independente.

Mas esto, sr Buitron, non está na sua perspectiva politica; que limitase a garantir, como dixo o seu xefe, Pablo Iglesias, a "unidade de España".

Por iso, para vostede a autodeterminacion non é umha prioridade.

Mas, se queremos resolver os problemas sociais impostos á Galiza, ao seu pobo traballador, teremos qeu admitir que, parafraseando a Bill Clinton, é a política, Estupidos"!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.