1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

onewayboogiewoogieGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela acolle este mércores, 20 de abril unha sesión especial coa a proxección de One Way Boogie Woogie / 27 anos despois (One Way Boogie Woogie / 27 Years Later, EUA, 2005), de James Benning, e a presentación do libro Documenting Cityscapes. Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film. Para todo iso, contaremos coa presenza do autor do libro, Iván Villarmea. A sesión terá lugar, como é habitual, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.


Vinte e sete anos despois de rodar One Way Boogie Woogie nas paisaxes da súa infancia, James Benning decide volver a cada unha desas localizacións para volvelas filmar e, finalmente, montalas á continuación do seu filme orixinal, pero coa mesma banda sonora da primeira acompañando ambas as dúas versións. O resultado é un estudo sorprendente da natureza do cinema como instrumento de documentación paisaxística, de memoria autobiográfica e, por que non, dunha viaxe no tempo.

“Un filme sobre a memoria e o envellecemento”, nas palabras do propio director, a unión destas dúas gravacións, cada unha consistente en sesenta planos dun minuto de duración, convértese nunha ilustración das modificacións dos EUA ao longo deses 27 anos, coa destrución dalgúns lugares e a xentrificación doutros. O ollar de Benning non se limita a presentar a paisaxe, senon que a empapa da súa relevancia xeopolítica e cultural para nola mostrar nunha mestura de abstracción formal e historia persoal.

Este filme é o escollido para presentar o libro Documenting Cityscapes. Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film, publicado pola Universidade de Columbia, que explora a maneira na que a cidade foi representada polos cineastas da non-ficción desde os últimos setenta, con especial fincapé en tres tendencias estéticas: o documentario paisaxístico, os autorretratos urbanos e as estratexias metafílmicas.

Para todo iso, vamos contar coa presenza do autor do libro, Iván Villarmea. Villarmea, investigador e crítico de cinema ourensán, foi un dos fundadores do Cineclube de Compostela e coeditor da revista online A Cuarta Parede e do libro Jugar con la memoria. El cine Portugués en el siglo XXI. Na actualidade, é profesor visitante de Linguaxe e Interpretación Cinematográfica e Produción Cinematográfica na Universidade de Milagro (Ecuador). Este mércores regresa ao Cineclube para debatir do seu libro, de cinema e de paisaxe con todo o público asistente.

Nacido en 1942 en Milwaukee, James Benning estudou cinema con David Bordwell e nos últimos trinta anos ten sido un dos grandes realizadores do cinema independente americano. Os seus filmes, máis de corenta, entre os que destacan título como One Way Boogie Woogie, 13 lagos ou Dez ceos, descubren unha busca constante das relacións entre son e imaxe, das paisaxes e da potencia cartográfica do cinema. Ademais de realizador cinematográfico, desde 1987, Benning ensina tamén cinema e son experimental no Instituto Californiano das Artes.

A vindeira cuarta feira 27 a programación de abril remata coa proxección de O cercado (L'enclos, Francia-Iugoslavia, 1961), unha reflexión alegórica sobre o campo de concentración escrita e filmada por Armand Gatti, el mesmo ex prisioneiro. Nesta fita, un prisioneiro político alemán e un xudeu francés son recluídos nun recinto especial dun campo de concentración coa promesa de que aquel que mate o seu compañeiro será liberado.

O filme vai ser proxectado na súa versión orixinal ao non precisar subtítulos. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.

PRÓXIMAS SESIÓNS

 

ABRIL 2016

Mércores 20 de abril ás 21:30 no Pichel
One Way Boogie Woogie / 27 anos despois
(One Way Boogie Woogie / 27 Years Later, James Benning, EUA, 2005, 121’, VO)
Presentación do libro Documenting Cityscapes. Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film
Coa presenza do autor Iván Villarmea 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.