1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

190316 adGaliza - CUT - Vivimos unha situación globalizada de urxencia. Nun estado de alerta que require e convoca todas as nosas mans, sen excepcións.


As administracións estatais da Unión Europea organízanse co asasino Erdogán (presidente da Turquía) para mercadear corpos humanos e deportar masivamente a outras traballadoras e traballadores que á procura da sobrevivencia chegaron a unha Europa que as estafou. O obxecto destes "líderes" é claro: desaparecer das fronteiras europeas o dramático rastro da fame, da miseria e das guerras que estes mesmos gobernos provocaron sen compaixón.

Os tempos piden unidade. Por abaixo. Con moita intelixencia e coidado, sen caer nas trampa de volvermos lexitimar vellos proxectos asistenciais que lle lavan a cara ao sistema mentres comparten comida e mantel cos mesmos representantes institucionais que teñen as mans tinxidas de sangue. Nas traxedias os monstros sempre achegan a testa. Mais as obreiras e os obreiros galegos sabemos traballar sen claudicar, retomando a rúa. Co mandato máis humano: o da plena xenerosidade e a visión amplísima de quen se pon como único obxectivo tender unha man irmá a todas esas compañeiras e compañeiros, traballadoras do mundo, que se amorean ás nosas fronteiras.

Esa Europa que soñaron por nós, como a Europa da irmandade e dos dereitos resultou ser unha fraude. O seu potencial destrutivo fica patente. Ese soño que eles soñaron no noso nome morreu. Esa Europa esfarelouse na súa propia podremia interna. A CUT dille adeus a ese seu soño lascivo de mercadorías a circularen libremente e de seres humanos a seren tratados como simple man de obra que mobilizar internacionalmente.

A CUT fai un chamamento a todas as traballadoras e traballadores de Galiza á dignidade, á honestidade e á fraternidade. E sobre todo, á decisión. Á construción dunha rede internacional (onda outros pobos do mundo) de acollemento e mobilización contra a masacre. A mitigar as consecuencias desta traxedia co noso pulso solidario, por suposto, pero sobre todo un chamado á desobediencia civil como estratexia contra a vergoña organizada polos nosos gobernos. Foi o Estado Español, entre outros, o que desafiou coa súa política internacional calquera posibilidade de paciencia e calma popular. Agora toca tomar as rúas con contundencia deixando claro que nun momento como este no que o "noso" goberno deporta e mata con desvergoña, calquera caste inmobilismo, calquera caste de pasividade, é a forma máis cruenta de complicidade co que están a facer.

Ningún pobo medra con valos e muros, os pobos libres medran cos brazos abertos e compartindo a digna rabia de quen paga coa saúde e coa vida as políticas administrativas baseadas no mero cálculo mercantil. As desposuídas da mundo temos que dar un paso adiante, sen dubidar.

A CUT, como central sindical internacionalista, construída co desexo da única paz verdadeira, a dos pobos libres, quere berrar ben alto "Benvidas refuxiadas, esta é a vosa casa". E tamén "até nunca, Europa". Estamos fartos e fartas dos seus enganos. O verdadeiro poder está, e sempre estará, na unidade popular de todas as traballadoras e traballadores do mundo construída coas nosas propias mans. A solidariedade é a tenrura dos pobos, abofé!. Tócanos a rúa. Tócanos mover.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.