Foto - CRBVG - Recente ato de lembrança de Hugo Chávez em Vigo.
1. Reitera, de novo, o contundente rexeitamento á acción injerencista do Decreto Executivo 13692 dictada polo presidente Barack Obama dos Estados Unidos, tal e como o fixo públicamente o pasado ano, sumándose á campaña mundial #ObamaDerogaODecretoXa.
2. Esta acción é unha flagrante violación dos principios do Dereito Internacional e unha grave inxerencia en asuntos internos de cada país, xa que atenta contra o respecto e a igualdade entre nacións soberanas. Respondendo isto así, a unha resolución de orde unilateral e de imposición ao que segue estando afeito o Imperio, o cal -con apoio da dereita fascista internacional- pretende doblegar os avances dos
gobernos progresistas e revolucionarios.
3. Rexeita o descoñecemento de EE.UU. ao clamor de millóns de voces e firmas que se recolectaron -máis de 13 millóns- a nivel mundial para rexeitar e esixir a derrogación inmediata deste flagrante e arbitrario Decreto por canto constitúe unha grave agresión á soberanía e integridad de Venezuela que é un país libre, soberano e independente.
4. Esixe a derrogación inmediata e definitiva deste Decreto que busca desestabilizar e destruír o Goberno do Presidente Nicolás Maduro, a Revolución Bolivariana e dar cabida a escenarios violentos que poidan xustificar unha intervención estranxeira sobre esta nación suramericana. Finalmente, reiteran o seu apoio e solidariedade ao Goberno Bolivariano do Presidente Nicolás Maduro e ao pobo venezolano, estarán atentos e en pé de loita na defensa da Revolución Bolivariana.
ADESIONS
ASOCIACIÓN GALEGO BOLIVARIANA AGABO HUGO CHÁVEZ
MAR DE LUMES. BLOQUE NAIONALISTA GALEGO (BNG)
CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG)
CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES (CUT),
FRENTE POPULAR GALEGA (FPG)
ESQUERDA UNIDA (EU)
PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA (PCG)
RUBÉN PÉREZ CORREA -COMO PORTAVOZ DEL GRUPO MUNICIPAL MAREA DE VIGO
PARTIDO COMUNISTA DO POBO GALEGO (PCPG).
TERESA MOURE –PROFESORA Y ESCRITORA GALEGA
TERRA LIBERADA
ISCA ORGANIZACIÓN JUVENIL GALEGA