1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores manu 2016 03 IMG 1402Galiza - CGRBV - A 9 de marzo de 2016, cando se cumpre un ano da Orde Executiva 13692 do Goberno do Presidente Barack Obama que considera a Venezuela como “unha ameaza inusual e extraordinaria” contra a seguridade nacional e política de Estados Unidos e, á vez, a decisión de prorrogar a mesma por un ano máis, alegando que é “necesario continuar a urxencia nacional” con respecto á situación en Venezuela porque “non mellorou” e esgrimen supostas violacións de dereitos humanos, a plataforma Os Pobos con Venezuela manifesta o seguinte:


Foto - CRBVG - Recente ato de lembrança de Hugo Chávez em Vigo.

1. Reitera, de novo, o contundente rexeitamento á acción injerencista do Decreto Executivo 13692 dictada polo presidente Barack Obama dos Estados Unidos, tal e como o fixo públicamente o pasado ano, sumándose á campaña mundial #ObamaDerogaODecretoXa.

2. Esta acción é unha flagrante violación dos principios do Dereito Internacional e unha grave inxerencia en asuntos internos de cada país, xa que atenta contra o respecto e a igualdade entre nacións soberanas. Respondendo isto así, a unha resolución de orde unilateral e de imposición ao que segue estando afeito o Imperio, o cal -con apoio da dereita fascista internacional- pretende doblegar os avances dos
gobernos progresistas e revolucionarios.

3. Rexeita o descoñecemento de EE.UU. ao clamor de millóns de voces e firmas que se recolectaron -máis de 13 millóns- a nivel mundial para rexeitar e esixir a derrogación inmediata deste flagrante e arbitrario Decreto por canto constitúe unha grave agresión á soberanía e integridad de Venezuela que é un país libre, soberano e independente.

4. Esixe a derrogación inmediata e definitiva deste Decreto que busca desestabilizar e destruír o Goberno do Presidente Nicolás Maduro, a Revolución Bolivariana e dar cabida a escenarios violentos que poidan xustificar unha intervención estranxeira sobre esta nación suramericana. Finalmente, reiteran o seu apoio e solidariedade ao Goberno Bolivariano do Presidente Nicolás Maduro e ao pobo venezolano, estarán atentos e en pé de loita na defensa da Revolución Bolivariana.

ADESIONS

ASOCIACIÓN GALEGO BOLIVARIANA AGABO HUGO CHÁVEZ

MAR DE LUMES. BLOQUE NAIONALISTA GALEGO (BNG)

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG)

CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES (CUT),

FRENTE POPULAR GALEGA (FPG)

ESQUERDA UNIDA (EU)

PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA (PCG)

RUBÉN PÉREZ CORREA -COMO PORTAVOZ DEL GRUPO MUNICIPAL MAREA DE VIGO

PARTIDO COMUNISTA DO POBO GALEGO (PCPG).

TERESA MOURE –PROFESORA Y ESCRITORA GALEGA

TERRA LIBERADA

ISCA ORGANIZACIÓN JUVENIL GALEGA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.