1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

antena-telefonc3ada-mc3b3vilGaliza - APDR - A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) queren agradecer as propostas municipais e parlamentarias presentadas a nivel galego nos pasados meses contra a nova Lei Xeral de Telecomunicacións:  nas provincias de Pontevedra (Pontevedra, Bueu, Cangas, Ogrove, Poio e Vilagarcía de Arousa), A Coruña (Betanzos,  Culleredo, Ferrol), Lugo (Sober) e Ourense, e no Parlamento galego (Proposición non de Lei e iniciativa parlamentaria), na liña que solicitamos (Ver modelo de moción e Dossier de prensa).


Dende a APDR e a PECCEM, lembramos que esta nova lei permite a expropiación da nosa saúde (non aplica o principio de cautela) e dos espazos públicos e privados (incluídos os nosos tellados e azoteas), e elimina competencias aos concellos e comunidades autónomas (en saúde, ordenación urbana, medio ambiente, participación cidadá, …).

A PECEMM invitou o derradeiro 19 de xuño aos diferentes grupos políticos de todo o estado que tiñan promovido algunha moción municipal (máis de 46 concellos en máis de 15 comunidades autónomas) a presentar unha nova iniciativa, neste caso na Oficina da “Defensora del Pueblo”.

O  27 de xuño de 2014 a PECCEM (na que participa a APDR) co-presentou co número de expediente 14012313 unha petición á “Defensora del Pueblo” para que interpoña un RECURSO DE INCONSTITUCIONALIDADE contra esta Lei 9/2014, Xeral de Telecomunicacións, que deixa indefensa á cidadanía e ás administracións locais e autonómicas e prima os intereses privados das teleoperadoras  sobre a saúde, a propiedade e a ordenación do territorio.

Dende a APDR/PECCEM invitamos a buscar información a través das nosas webs desta campaña para colaborar na recollida de adhesións á petición á “Defensora del Pueblo”, co convencemento de que só a información sanitaria e ambiental independente e a contestación e mobilización cidadán serán quen de paralizar os plans das teleoperadoras e conxugar así a extensión das novas tecnoloxías coa saúde, da man da participación cidadán nas  administracións locais e autonómicas dos colectivos e as persoas afectadas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.