1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8384110298 da510e0347 zGaliza - CS A Comuna - O colectivo, que trata de visibilizar a saúde mental dende os dereitos fundamentais e a participación, forma parte da rede Hearing Voices.


Foto de A Heath Blog (CC by-sa/2.0/)

Difundir perspectivas empoderantes dos movementos polos Dereitos do colectivo de persoas con diagnóstico psiquiátrico e dar unha oportunidade a estes homes, mulleres e nenos de falar libremente das súas experiencias son algúns dos obxectivos do colectivo Radio Prometea que conta cun espazo en CUAC FM (103.4) e que visitarán o Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín 35) o vindeiro xoves 31 de Marzo.

Radio Prometea reflexiona sobre a dor psíquica dende unha perspectiva completamente distinta á que ofrece o paradigma bioloxicista que predomina na psiquiatría e na psicoloxía. Fronte ás interpretacións habituais que establecen que ter alucinacións auditivas (ou outras experiencias psíquicas non comúns) é o resultado dun desequilibro bioquímico (algo non funciona nos nosos cerebros) e que o contido das mesmas é irrelevante. O movemento internacional de escoitadores de voces da que forma parte Radio Prometea entende que estas son unha experiencia humana normal e non o mero síntoma dunha enfermidade.  Polo tanto, o contido destas experiencias é esencial para establecer un camiño real de recuperación, xa que as alucinacións auditivas están insertas na vida das persoas que as experimentan e cando teñen unha carga negativa son a reacción a un acontecemento traumático que non se resolveu de xeito adecuado.

 

Título Activismo e saúde mental: Pequeno mapa de tolemias disidentes a cargo de Radio Prometea
Día Xoves 31 de Marzo de 2016
Hora 20:30 horas
Lugar

Centro Social A Comuna

(Verea do Polvorín, 35)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.