1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300316 hospGaliza - Praza - [Miguel Pardo] Galiza continúa entre as comunidades autónomas cun maior grao de privatización sanitaria, só superada por Madrid, Catalunya e Balears.


 Son, estes catro territorios, os que levan ocupando os catro primeiros postos deste ránking elaborado pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (Fadsp) a partir dos seus informes sobre A privatización sanitaria das CCAA. No terceiro destes balances, destácase que "a privatización aumentou en todas as autonomías" e que "o resultado e os movementos na clasificación só recollen a maior ou menor intensidade que acadou en cada comunidade en concreto".

Galiza, que ocupou o podio da privatización nos últimos dous informes, baixa agora ata a cuarta posición, pero segue a estar incluída no grupo de "elevado grao de privatización", tal e como destaca Fadsp, que repara no feito de que as catro autonomías ocupasen ese negativo liderado en canto á súa sanidade nos últimos anos. Pola contra, Extremadura e Castilla-La Mancha ocupan os dous últimos postos nos tres documentos elaborados pola Federación.

Para levar a cabo esta clasificación, e logo dun detallado estudo, a Fadsp avalía aspectos de aseguramento, financiamento privado, recursos deste sector privado ou porcentaxe de gasto sanitario público dedicado directamente á contratación cos centros privados. Todos eles tirados das cifras que achega o Ministerio de Sanidade, o de Facenda, o IDIS (Instituto para el Desarrollo e Integración de la Sanidad) ou o propio INE.

A nivel xeral, a Fadsp destaca que "se produciu un aumento da privatización na provisión e no financiamento do noso sistema sanitario en xeral, especialmente importante desde 2009" e que tamén se seguen a incrementar os concertos ou o aseguramento privado. En Galicia, a plataforma SOS Sanidade Pública xa destacou nos seus últimos estudos que nos últimos anos o orzamento sanitario en Galiza sufriu un recorte de máis do 12%, que supuxo a eliminación de máis de 2.000 postos de traballadores sanitarios e o peche de case 500 camas hospitalarias nos centros públicos.

Para facer a clasificación que sitúa Galiza como a cuarta comunidade con maior privatización sanitaria tense en conta a porcentaxe de poboación cuberta por mutualidades de funcionarios, o gasto en seguros privados e sanitario do propio peto per capita, a porcentaxe de camas hospitalarias privadas sobre o total, a de equipamento de alta tecnoloxía en centros privados, a de gasto sanitario dedicado a contratación con centros alleos ao sistema público ou a presenza de modelos da chamada "colaboración público-privada", unha modalidade esta que foi reforzada pola Xunta a través da lei que permite o traspaso de pacientes do Sergas.

egundo os diferentes datos que achega o estudo, un cidadán galego gasta unha media de 401 euros ao ano en seguros privados, fronte aos 308 dun andaluz ou aos 323 dun estremeño. En canto ao pagamento de forma individual servizos sanitarios ou farmacolóxicos, en Galiza sitúase nos 95 euros, fronte aos 42 de Navarra ou os 244 de Madrid, ambas as dúas nos dous extremos.

No que se refire á porcentaxe de camas sanitarias privadas sobre o total, en Galiza é dun 24,47%, case un cuarto, pero moi lonxe do 55,87% de Cataluña, pero tamén moi afastada do 10,41% de Extremadura. Ademais, e en canto á cantidade de equipamento de alta tecnoloxía en centros privados, o país alcanzaría o 34% do total, só superada neste caso polo territorio catalán e polas Illes Balears. Xa por último, e sobre o gasto sanitario dedicado á contratación con hospitais non públicos, esta porcentaxe chega ao 5,7%, unha cifra inferior á media e moi por baixo do 25,6% de Catalunya.

Foto: Hospital Meixoeiro de Vigo em Wikimedia commons.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.