Mércores 17 de febreiro.
12:00 da mañá.
Praza do Parque, Concellería de Urbanismo, Monte Alto, A Coruña.
Entrega colectiva de alegacións + rolda de prensa + infopoint.
Desde diversos colectivos, grupos, centros sociais, asociacións de veziñas e veziños e persoas da Coruña, aderidos ao manifesto "Polo Direito a
Cidade" queremos convocar abertamente a persoas e colectivos a unha acción crítica co PXOM.
Convocamos a todos e a todas a unha entrega de alegacións acompañada de un infopoint explicativo, unha rolda de prensa na que tentaremos explicar o noso ponto de vista crítico co proceso de PXOM en aprobación inicial e que remata o seu periodo de alegacións no xoves 18.
para descargar:
Alegación xenérica para presentar:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/2010/02/11/alegacion-xenerica/
Video:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/2010/02/12/presentacion-dereito-a-cidade-en-urbanismo/
Qué é un PXOM?:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/files/2010/02/QU%C3%89-%C3%89-O-PXOM.pdf
Qué é unha alegación?:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/files/2010/02/QUE-%C3%89-UNHA-ALEGACI%C3%93N.pdf
Nota aclaratoria sobre a campaña da dereita económica e politica da cidade:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/2010/02/11/nota-aclaratoria/
Gráficas explicativas sobre o PXOM:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/files/2010/02/100203_pxom-rds_A2.jpg
O PXOM dentro do contexto económico da cidade:
http://dereitoacidade.blogaliza.org/files/2010/02/PXOM_contextoeconomico.pdf
Manifesto "Polo Direito a Cidade"
http://dereitoacidade.blogaliza.org/2010/01/29/esiximos-o-dereito-a-cidade/
Queremos chamar a xente a alegar en base aos seguintes pontos comúns.
1. Modelo participativo irreal.
2. Modelo de mobilidade agresivo co medio.
3. Ausencia de ferramentas de control da especulación.
4. O PXOM como defunción de unha economía e un sistema produtivo sostibel, barrial e local.
5. Ausencia de ferramentas económicas, legais, técnicas ou participativas de control público e cidadán sobre o PXOM.
6. Agresións ao patrimonio, natural e cultural (exemplos como o apantallamento na Agra da San Amaro, os recheos previstos na ensenada do
Orzán, as agresións ao Castro de Elviña, …)