1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Espazo Sete CaminhosGaliza - AC Almuinha - Hoxe domingo 17 de abril ás 10:30h. a A.C. Almuinha de Marín organiza unha nova andaina no marco do proxecto que bautizamos como "Coñecendo o noso entorno". Nesta ocasión achegaranse ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, nunha andina duns 7 km. entre os concellos de Marín e Pontevedra. A saída será desde a área recreativa do Monte Pornedo (San Xulián-Marín).


Tras o Roteiro das Praias, o Roteiro do Monte Penizas e o Roteiro das Mámoas, nos que contaron cunha importante participación, esta será a cuarta andaina que organizan coa intención de fomentar hábitos saudábeis e a práctica do deporte, o contacto coa natureza e o seu respecto, así como o coñecemento, a promoción e a posta en valor dos lugares de maior interese pres... entes no concello.

O roteiro conta con abundantes elementos de gran relevancia que fan que camiñar por esta zona sempre sexa un gran pracer. Na ruta atoparán restos arqueolóxicos como petróglifos (entre outros o conxunto rupestre do Pornedo) e mámoas (a de Sete Camiños ou a do Catadoiro), así como un fermoso entorno natural e unhas espectaculares vistas da ría. Mais tamén se achegarán a alguna das lendas propias desta zona.

Nesta ocasión contarán coa participación de Lukas Santiago, arqueólogo marinense e Presidente da Comunidade de Montes de Lourizán. Foi unha das persoas impulsoras do proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, así como da posta en valor deste entorno privilexiado, e durante a andaina achegará información en relación co patrimonio desta zona, tanto no que se refire aos restos arqueolóxicos como ao patrimonio inmaterial, como por exemplo as lendas propias destes lugares.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.