1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260316 denunciaGaliza - CIG Saúde - O Conselleiro de Facenda convocounos onte con máxima urxencia para comunicarnos que en dous cómodos prazos van devolver a parte que queda da extra que nos subtraeron no ano 2012 (que a pagan porque lles gañamos todas as sentenzas xudiciais, non nos enganemos).


Quitárona ilegalmente dun golpe, e devólvena en 4 prazos: dúas partes no ano 2015, dúas partes no ano 2016, iso si, coincidindo coa previsión de calendario electoral do Partido Popular.

As/os traballadoras/es do SERGAS van percibir a 3ª parte da extra 2012 na nómina de abril, pode ser que as eleccións xerais e autonómicas sexan en xuño. Se non hai eleccións en xuño, e son en outubro, tampouco hai problema, ese mes de outubro o goberno galego paga a 4ª parte da extra do ano 2012.

Que non se confundan, a nosa dignidade non ten prezo, sempre seguimos sendo dignos/as, o que estamos é sometidos a un estado indigno e a gobernos indignos.

Mais o Sr Conselleiro de Facenda non quere falar doutros temas, e en clave electoral anúncianos que no ano 2017 recuperarase o complemento específico das pagas extras, iso si, coas retribucións recortadas do ano 2010.

Non queren falar da devolución do específico da extra do ano 2013-14... nin sequera da parte que estamos a gañar xudicialmente. Presentaron recurso ante o Tribunal Supremo.

Tampouco queren falar de temas tan importantes coma a recuperación do complemento de I.T, é dicir, que eliminen a penalización retributiva cando as/os traballadoras/es están enfermas/os.

“Acordos asinados nunha servilleta?”

Os acordos sectoriais do SERGAS cualificounos como acordos asinados nunha servilleta, desde CIG-SAÚDE lembrámoslle que estes acordos de servilleta foron asinados na MESA SECTORIAL cando gobernaba o Partido Popular, para exemplo a carreira profesional. Foron acordos legais, con autorización da Consellaría de Facenda, e publicados no DOG. Se o único recurso que ten o Sr Conselleiro de Facenda e a descualificación dos seus antecesores para non negociar un plan de devolución dos acordos suspendidos, o único que se descualifica é el.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.